fbpx

BTT XURÉS BIKE TOUR – FRONTEIRA ESQUECIDA RÍO LIMIA-LIMA

A proba de BTT XURÉS BIKE TOUR – FRONTEIRA ESQUECIDA RIO LIMIA-LIMA é unha proba de carácter competitivo e transfronteirizo que se vai desenvolver os próximos días 18, 19 e 20 de Xuño na Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês – Xurés, concretamente entre os concellos de Muiños, Lobios pola beira ourensán e Montalegre na portuguesa.

Esta carreira é una actividade máis do cartafol incluso no proxecto FRONTEIRA ESQUECIDA, o cal se atopa cofinanciado ao 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do programa INTERREG V A ESPAÑA PORTUGAL (POCTEP) 2014-2020.

Poderase competir de maneira individual ou por parellas, en modalidade volta completa (que abrangue os tres días) ou en formato individual para cada un dos días. Asimesmo, e de xeito novidoso, existe una modalidade para E-bikes (aínda que sen carácter competitivo).

Os tres días divídense en: unha etapa Prólogo de 12 kms no entorno do complexo O CORGO en Muiños. A primeira etapa terá una extensión de 60 kms, que saíndo e chegando a Muíños pasará a fronteira adentrándose en terras portuguesas. A derradeira etapa terá como escenario o concello de Lobios, 42 kms, sendo o epicentro o balneario Lobios – Caldaria.

Existirán trofeos en función das modalidades previstas: en formato volta completa, tanto masculino e feminino como por parellas, así como tamén para os mellores clasificados en cada una das etapas individuais nas mesmas categorías. Tamén existirá una medalla que acredite a categoría de “finisher” tras completar o recorrido dos tres días.

Existirá apoio técnico para os participantes, avituallamento líquido e sólido subministrado pola organización e demais infraestruturas que farán da primeira edición desta proba una experiencia inolvidable, e que conseguirán facer de ela un clásico dentro do calendario galego de BTT.

As inscricións (limitadas a 300) pechan ao día seguinte da presentación oficial da proba, que terá lugar o próximo día 14 de xuño ás 12 horas, evento que poderá seguirse de xeito telemático nesta mesma páxina.

Para máis información e inscricións, visita a páxina Xurés Bike Tour.

Scroll ao inicio