fbpx

Espigueiros de Soajo

Espigueiros de Soajo

Espigueiros de Soajo

Na pintoresca aldea de Soajo, en pleno Parque Nacional da Peneda-Gerês e Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés (RBTGX), rodeados de pozas naturais, moi boa gastronomía, rúas empedradas e fincas de millo, xorde nos arredores da zona urbanizada, nun punto alto dominado por un gran afloramento de granito natural, unha eira comunal constituída por ata 24 espigueiros de pedra, o máis antigo datado de 1782. Algúns deles son empregados aínda hoxe. Estamos ante unha das maiores concentracións deste tipo de construcións en todo o noroeste peninsular, de onde son orixinarios.

As vistas son espectaculares, tanto se ollamos para a paisaxe como para a aldea. Este conxunto de hórreos son típicos desta zona fronteiriza, tanto do lado de Lobios-Entrimo como por Lindoso, Soajo ou Castro Laboreiro. Son construcións austeras, pétreas, baixas e alongadas, equilibradas, características á hora de aguantar as duras condicións do clima de montaña, A súa traseira, de feito, está orientada ao suroeste, de onde acostuma vir a chuvia.

Os dinteis primitivos xa desapareceron, e moitos deles están sacralizados. Todos eles forman un Edificio de Interese Público dende 1983 (IGESPAR).

Localización

Hórreos de Soajo

Coordenadas:

41.87235892734733, -8.262268954387588 HTML tutorial
Ver en Google Maps

Lendas / Historias vencelladas

Espigueiros de Soajo

Información de interese

Acceso dende a aldea de Soajo, con parking acondicionado xusto ao lado, e con presenza da estatua-homenaxe ao Can “Sabujo” incluída.

Bibliografía

ALMEIDA, Carlos Alberto Ferreira de, Alto Minho, Lisboa 1987; DIAS, Jorge, OLIVEIRA, Ernesto Veiga, e GALHANO, Fernando, Os Espigueiros Portugueses, Porto, 1963; s.a., Breve Inventário Artístico do Concelho de Arcos de Valdevez, Biblioteca Municipal de Arcos de Valdevez, s.d.;

Conjunto de todos os espigueiros de Soajo. Patrimonio cultural. Dispoñible en: http://www.patrimoniocultural.gov.pt/pt/patrimonio/patrimonio-imovel/pesquisa-do-patrimonio/classificado-ou-em-vias-de-classificacao/geral/view/74703/

Conjunto dos espigueiros do Soajo. SIPA. Dispoñible en: http://www.monumentos.gov.pt/Site/APP_PagesUser/SIPA.aspx?id=6169

Páxina web da Reserva da  Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés (RBTGX): https://www.reservabiosferageresxures.eu/gl

Descarga

Galería

Scroll ao inicio