fbpx

Fervenza do Río Fírbeda

Fervenza do Río Fírbeda

Cascada del Río Fírbeda

Magnífica fervenza localizada no río Fírbeda, Fírveda ou “das Mestas”, afluente do río Limia que nace da unión de varios regatos no concello de Calvos de Randín na comarca da Alta Limia e moi preto da “Raia” con Portugal, pola serra de San Tomé, a que marca os limites da chaira limiá.

O río tras encaixarse no val, forma entrando no concello de Porqueira uns rápidos e unha secuencia de fervenzas que poden observarse na ruta de sendeirismo que percorre o concello. Esa celeridade do río foi aproveitada durante séculos para a construción de varios muíños que poden visitarse na actualidade aínda que parcialmente derruídos.

Localización

Miradoiro e Fervenza do Fírbeda.

Coordenadas:

42.00917, -7.84646 HTML tutorial
Ver en Google Maps

Lendas / Historias vencelladas

Cascada del Río Fírbeda

Información de interese

O acceso á fervenza é necesariamente por sendeiro. Para chegar a el pode ascenderse por un camiño que pasa a carón da Torre da Forxa, facendo parte dunha ruta circular de 4km ou doutra maior de 12km.

Bibliografía

Descarga

Galería

Scroll ao inicio