fbpx

Museo Galego do Entroido

Museo Galego do Entroido

Museo Gallego del Carnaval

O “Entroido” é unha das celebracións máis importantes do ciclo festivo anual na provincia de Ourense. Aínda que a figura festiva do Entroido, Carnaval (ou Entrudo en Portugal, coa súa particular celebración cos “Caretos” de Podence ou os Mascarados de Lazarim, no interior norte do país) tamén conta con numerosos ritos, traxes e tradicións ao longo de toda Galicia, é no chamado “triángulo máxico ourensán” (Laza, Verín e Xinzo) onde acada a categoría de Festa de Interese Turístico Nacional.

Existen diferentes teorías sobre a súa orixe. Afondando as súas raíces nos tempos máis remotos como celebración da chegada da primavera. Como di Federico Cocho “a data do nacemento do Entroido non quedou rexistrada na historia. (…) A súa orixe pérdese nas tebras da Prehistoria ou da historia, segundo a liña de opinión á que se apunte cada un, posto que antropólogos e etnólogos non se puxeron de acordo neste punto. (…)”

Malia a que en cada lugar ten o seu propio ciclo festivo, comezando algúns xa no propio mes de xaneiro, este Entroido prolóngase durante semanas. Destacando os domingos como os días grandes de festexos. En Xinzo de Limia fálase do “petardazo”, do domingo “corredoiro”, o “oleiro” e o “fareleiro”. Cinco domingos previos antes de chegar ao domingo de Entroido que se celebra sempre corenta días antes da Coresma. Adaptando o resto de calendarios a esta.

Trátase dunha festividade subversiva, na que os roles e rutinas habituais invértense e un pode mofarse de todo. A máscara altera a percepción da realidade de quen a observa. No caso de Xinzo a figura principal é a “Pantalla”. Esta acostuma saír agrupada polas rúas da vila a bater as vexigas de vaca cheas de aire unha contra a outra.

O Museo Galego do Entroido pretende recompilar nas súas salas unha importante colección de traxes, disfraces, obxectos e utensilios típicos desta festividade. Peliqueiros, felos, cigarróns, carros, mázcaras, e as propias pantallas locais, como non. Os cartaces interpretativos axudan a visualizar a importancia do fenómeno. Cóntase con apoio audiovisual e materiais impresos.

Localización

Rúa Dous de Maio, 27, 32630 Xinzo de Limia, Ourense

Coordenadas:

42.06105917060566, -7.725528375553204 HTML tutorial
Ver en Google Maps

Lendas / Historias vencelladas

Cada Entroido ten moitísimas historias vencelladas ás súas orixes, e conta multitude de lendas e historias sobre as súas particularidades que o fan diferente do resto.

Museo Gallego del Carnaval

Información de interese

Situado no centro da vila de Xinzo de Limia está aberto de venres a domingo.
Teléfono de contacto: 0034 988 680 690

Bibliografía

Fidalgo Santamariña, X. A. (1998) As caras do carnaval ourensán. Ejemplar dedicado a: homenaxe a Xosé Filgueira Valverde. ISSN 1010-7791, Nº52, pags. 177-206.

Paz Gil, I., Rubio Gil, A. (2020) Máscaras de animales e indumentarias pastoril en los carnavales gallegos como ritos de purificación previos a la Cuaresma. Journal of the sociology and theory of religion , vol.10.

Descarga

Galería

Scroll ao inicio