fbpx

Val do Homem

Val do Homem

Val homem

“Portela do Home” é o nome co que se coñece ao porto de montaña de 822 metros de altitude que actúa como fronteira entre os países de España e Portugal, separando os municipios de Lobios (Ourense) e Terras de Bouro (Braga). Este foi o paso empregado hai case dous mil anos para comunicar dúas cidades de fundación romana como son Braga e Astorga. A vía que as comunicaba aínda é perceptible en boa parte deste trazado. Atópase balizada con numerosos miliarios que marcaban a distancia entre ambas urbes, existindo varios xacementos nos lugares que servían de apoio e descanso para os seus usuarios.

Dende a cima deste encaixonado val podemos gozar dalgunhas das panorámicas máis                      fermosas da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés (RBTGX), como é o caso da impresionante Fervenza da Corga da Fecha, á que podemos acceder por diferentes rutas de sendeirismo. Rematado o noso percorrido, ao igual que facían os romanos un par de milenios atrás poderemos recuperarnos do esforzo nas augas termais habilitadas para uso público ao carón do Río Caldo.

Xusto a escasos 500 metros da fronteira política, marcada polas persoas pero ignorada pola natureza, temos a Cascada do Río Homem, de grande beleza natural e moi buscada no verán polas augas cristalinas que posúe. As fervenzas, a máis de 800 metros, están cercadas por rochas graníticas moi erosionadas. No fondo fórmanse pozas de cor verde azulada, perfectas para o baño na época estival.

Calquera das rutas que saen de Lobios ou de Vila do Gerês, ao encontro do Homem, son ideais para descubrir a natureza más auténtica do Parque Natural ou Reserva da Biosfera Tranfronteiriza Gerês-Xurés (RBTGX). Do lado portugués, o Miradouro da Pedra Bela ou a Cascata do Arado fan as delicias dos visitantes. Do lado galego, a ruta dos Muíños, en Vilameá,(e coa capela da Virxe do Xurés no alto) complementa perfectamente a da Corga da Fecha, a cal transcorre ao lado do río Caldo e pola Mansio romana. A poucos metros, a marabilla natural en forma de caída de auga.

Localización

Caldas de Lobios

Coordenadas:

41.86257680466085, -8.106554102108205 HTML tutorial
Ver en Google Maps

Portela de Homem.

Coordenadas:

41.80931898359966, -8.131592736924917 HTML tutorial
Ver en Google Maps

Corga da Fecha

Coordenadas:

41.845041767229965, -8.107147557237395 HTML tutorial
Ver en Google Maps

Mansión Romana Aquis Originis

Coordenadas:

41.85643610753383, -8.107407852756939 HTML tutorial
Ver en Google Maps

Cascata de São Miguel ou de Portela do Homem

Coordenadas:

41.80366972386063, -8.128164375102232 HTML tutorial
Ver en Google Maps

Ruta dos Muiños de Vilameá

Coordenadas:

41.87331698334519, -8.090764647830591 HTML tutorial
Ver en Google Maps

Lendas / Historias vencelladas

Val homem

Información de interese

Acceso libre. Na ruta de fervenzas, cómpre ter moito coidado para non esvarar (mellor ir acompañado). Zona de alto risco de incendios en época estival. Recoméndase atender as recomendacións de seguridade.

Pode obterse máis información:

– No sitio web da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês – Xurés (RBTGX): https://www.reservabiosferageresxures.eu/gl

– No sitio web das Portas do Xurés (Rede de Portas da parte galega da RBTGX): http://portasxures.es/index.php/gl/

Bibliografía

Descarga

Scroll ao inicio