fbpx

A CHMS inicia a restauración da ponte de Soutelo

A Deputación de Ourense vén de mellorar a accesibilidade do paseo fluvial do Corgo, en Muíños, dentro dun proxecto a través do que se reforzou a conservación da soleira existente nesta zona do complexo turístico-deportivo.

Os traballos acometidos incluíron, ademais da mellora das zonas degradadas, a colocación de céspede de baixo mantemento para resolver os problemas de seguridade e accesibilidade detectados. Con isto, o complexo do Corgo mellora un espazo habilitado para o uso dos visitantes e realza esta área como destino turístico.

Ademais, esta actuación serve de apoio para outras intervencións enfocadas cara o lecer e o tempo libre, co obxectivo de  potenciar este destino desde a perspectiva do deporte e a aventura, nas cales se deseñan e habilitan unha serie de espazos que dinamizarán esta área de actuación.

A iniciativa está enmarcada no proxecto Fronteira Esquecida, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa INTERREG V A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020.

Fonte: Diputación de Ourense

Scroll ao inicio