fbpx

O proxecto

En que consiste o proxecto?

Fronteira Esquecida Limia-Lima  é un proxecto destinado a potenciar os recursos naturais e culturais do río Limia-Lima e a súa contorna. O obxectivo principal é desenvolver unha estrutura de xestión e promoción conxunta que realce o aproveitamento turístico da zona. Trátase de actuacións coas que identificar, valorizar e promover de maneira coordinada o patrimonio natural, cultural e paisaxístico dos espazos circundantes ao río.

O proxecto está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do programa Interreg VA España-Portugal (POCTEP) 2014-2020.

Os obxectivos do proxecto

Para relanzar o espazo do río Limia-Lima como un destino turístico de calidade e sustentable detállanse algúns obxectivos específicos:

puente limia lima

Patrimonio protexido

Protexer, valorizar, conservar e desenvolver o patrimonio cultural e natural, como base económica da rexión transfronteiriza.

crecimiento sostenible en limia lima

Crecemento sustentable

Cooperación tranfronteiriza para promover a eficiencia de recursos, a prevención de riscos e a conservación do medio.

turismo limia lima

Potencial turístico

Desenvolver e promover o potencial turístico dos espazos naturais da contorna do territorio transfronteirizo do río Limia-Lima.

As actividades que están previstas

PATRIMONIO RÍO LIMIA-LIMA

Identificación dos distintos aspectos que conforman o patrimonio material e inmaterial arredor do río Limia-Lima, coa finalidade de elaborar un relato histórico conxunto e sentar as bases para a realización das actividades de xestión e promoción conxunta deste destino turístico.

VALORIZACIÓN DO ESPAZO NATURAL E CULTURAL RÍO LIMIA-LIMA

Desenvolvemento de actuacións conxuntas no territorio en termos de habilitación, promoción e sinalización, e deseño de rutas e actividades.

REDE TURÍSTICA RÍO LIMIA-LIMA

Articulación dunha estrutura transfronteiriza para a xestión coordinada de recursos, servizos e itinerarios turísticos de riqueza patrimonial, cultural e paisaxística e para a comercialización e a promoción conxunta do destino transfronteirizo arredor do río Limia-Lima e que apuntale a súa sustentabilidade futura.

LIMIA-LIMA 4.0

Promoción do destino turístico Limia-Lima a través das novas tecnoloxías (información dos espazos de valor, promoción do destino en redes etc.) que permitan unha interacción constante co visitante.

Fronteira Esquecida Limia-Lima é un proxecto destinado a potenciar os recursos naturais e culturais do río Limia-Lima e a súa contorna.

Galería

Proxecto cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020. www.poctep.eu

Scroll ao inicio

SUSCRÍBETE A LA NEWSLETTER