Saíndo da propia vila de Muíños e aos pés da Ermida da Clamadoira discorre unha fermosa ruta de sendeirismo de pouco máis de 10km que nos permite descubrir o conxunto etnográfico de Xermeade e gozar dunha das zonas de baño máis cobizadas de toda a Baixa Limia: a Poza da Fecha.
O Concello de Muiños conta con catro rutas oficiais de diferente nivel e percorrido. Un dos últimos camiños abertos foi o sendeiro de Prado a Xermeade, sendeiro que pasa xunto a unha fervenza, onde tamén se acondicionou un miradoiro.