Albufeira da Várzea e mistura das águas
Albufeira da Várzea e mistura das águas
Esta zona, rica en patrimonio natural, ten unha beleza sen precedentes ao camiñar pola vía que bordea a presa na estrada que conecta Soajo coa fermosa vila de Várzea. Núcleo de grandes atractivos: a paisaxe na natureza, co río Limia sempre á vista do horizonte e o conxunto hórreos, que embelecen o núcleo rural..
Despois dunha visita á vila, o paseo comeza precisamente na aldea de Várzea, xunto ao encoro da presa do Lindoso, por un camiño que segue o antigo leito do río Laboreiro (agora transformado nun encoro) ata a “Mistura das Águas”, onde se abrazan os ríos Pomba, Laboreiro e Lima.
Esta ruta, xa inserida no sector da Peneda, pasa por moitos puntos de interese do Parque Nacional da Peneda-Gerês e da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés (RBTGX). Por exemplo, A Fraga das Pastorinhas, considerado o rocódromo máis grande de Portugal, unha impresionante parede de granito. O miradoiro de Tibo, xusto uns metros atrás. Ou o fantástico lago dos druídas, situado nun fermoso claro de carballos e onde se sabe que se realizaban rituais de druidismo (unha espiritualidade de raíces celtas, onde os seus seguidores adoraban a natureza e convertíana na base da súa crenza) Nestes lugares podemos atopar gravados deixados polos nosos antepasados: unha cruz templaria e un peixe (símbolo dos primeiros cristiáns)
Do outro lado, a incrible aldea de Olelas (Entrimo), e as Pozas do Mallón a poucos metros polo río Laboreiro arriba. Cara o Limia, o encoro do Lindoso xúntase coas augas que veñen da montaña, e forma un entorno ideal para pasear, bañarse ou contemplar tranquilamente a inmensidade.
Esta é unha ruta clave dentro do que foi o contrabando cara un e outro lado da Raia.
Localización
Albufeira de Várzea, Arcos de Valdevez.
Coordenadas:
41.90191793721736, -8.216731558542516
Ver en Google Maps
Lendas / Historias vencelladas
Información de interese
Acceso libre, opción de camiñar desde Várzea pola pista da beira do río.
Bibliografía
Páxina web da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés (RBTGX): https://www.reservabiosferageresxures.eu/gl

