fbpx

Carballa da Rocha, Monumento Natural

Carballa da Rocha, Monumento Natural

Carballa da Rocha

Coñécese como “Monumento Natural Carballa da Rocha” a un grande carballo e ás parcelas anexas situadas no lugar de Saínza de Abaixo, no Concello de Rairiz de Veiga e dentro da Reserva da Biosfera “Área de Allariz”. Este formidable exemplar de carballo que convive con outras árbores centenarias foi declarada Árbore Senlleira de Galicia e Monumento Natural o 1 de marzo de 2007. Alcanza un perímetro de 6’90 metros, e o tronco bifúrcase en dúas polas para chegar a acadar os 33 metros de altura.

Presenta un bo estado de saúde, sen deterioro aparente. É pois, fundamental, protexer este tipo de Quercus robur, de acordo a interese histórico-cultural, científico e paisaxístico. Falamos dun dos maiores carballos da península, denominado en feminino para lembrarnos do seu poder antigo e voluminoso.

No entorno da carballeira celébrase unha das poucas recreacións en Galicia de batallas entre mouros e cristiáns, dentro da Romaría da Saínza.

Localización

Carballa da Rocha, Monumento Natural.

Coordenadas:

42.070395568346534, - 7.830793203135491 HTML tutorial
Ver en Google Maps

Lendas / Historias vencelladas

Conta o imaxinario popular que foi sometida a unha poda nos anos 50 do século XX, na que dous homes, durante dúas xornadas enteiras de traballo obtiveran máis de 20 carros de leña. As concentracións parcelarias e a actividade agrícola acabaron coa boa parte da masa arbórea da Limia, aínda que a Carballa resistiu, gozando actualmente dun grande estado de saúde para unha árbore que se estima ten entre 300 e 500 anos de vida.

 

Carballa da Rocha

Información de interese

O acceso é libre, podendo chegar ao aparcamento do monumento en vehículo. Encontrámonos nunha zona de alto valor natural polo que débese respectar en todo momento a flora e fauna do lugar. Evitando a contaminación acústica nin deixar lixo e outros desperdicios.

Bibliografía

Descarga

Galería

Scroll ao inicio