fbpx

Castro de Lobosandaus

Castro de Lobosandaus

Monumental poboado fortificado da Idade do Ferro situado entre os concellos de Bande e Lobeira. Emprázase nun esporón a 830 metros sobre o nivel do mar aberto cara o surleste, dominando así o curso medio do Río Limia.

Todo o conxunto está rodeado dun sistema defensivo, de grandes dimensións, escavado na rocha e máis visible no sector occidental que foi posto ao descuberto por varias escavacións arqueolóxicas na década de 1980. Tempo antes outros estudosos fixaron a súa atención no lugar coñecido pola veciñanza como “Coroa de Santa Cristiña”.

Hoxe aínda son visibles varias construcións de planta circular de entre tres e catro metros de diámetro, elípticas e angulares, entre as que apareceu unha xamba decorada con trísceles e rosáceas. Entre os achados máis relevantes ata a data destacan dous puñais de antenas, mazos, moedas da época romana e abundantes restos cerámicos.

Localización

Castro de A Croa

Coordenadas:

41.99142, -7.98849 HTML tutorial
Ver en Google Maps

Lendas / Historias vencelladas

Na literatura de fronteira, Lobosandaus aparece na novela de X. L. M. Ferrín, dentro dunha serie de relatos curtos sobre a Raia Seca (“Arraianos”) entre Galicia e Portugal, con tantas historias e mitos suspendidos no tempo.

Información de interese

O Concello de Bande deseñou unha ruta circular que comunica este castro co alto de Vilela e o Penedo do Mouro. Recoméndase solicitar información antes de iniciar o percorrido no teléfono 0034 988 443 001.

Pode obterse máis información:

– No sitio web da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês – Xurés (RBTGX): https://www.reservabiosferageresxures.eu/gl

– No sitio web das Portas do Xurés (Rede de Portas da parte galega da RBTGX): http://portasxures.es/index.php/gl/

Bibliografía

Méndez Ferrín, X.L. (2014) Arraianos. Ed. Xerais.

Vázquez Mato, Martiño Xosé: Estudo morfolóxico da escolma cerámica recuperada na “Coroa de Santa Cristiña” ou “Castro de Lobosandaus” (Bande-Lobeira, Ourense). Artigo na revista nº5 “Larouco. Revista anual da antigüidade galaica”.

Descarga

Galería

Scroll ao inicio