fbpx

Deportes Náuticos na Foz do Rio e Cabedelo

Deportes Náuticos na Foz do Rio e Cabedelo

Deportes Náuticos en la desembocadura del río y Cabedelo

Viana do Castelo, coa foz do Lima e os seus extensos areais (Praia Norte, Porto de Vinha, Rodanho, Amorosa e a afamada de Cabedelo), presenta un incrible abano de oportunidades para os amantes dos deportes náuticos: motos de auga, vela, remo, piragüismo, pesca ou simplemente un paseo en barco. Calquera excusa é boa para desfrutar só ou con compañía, deste tipo de actividades, tanto os máis principiantes no río como aqueles máis expertos no mar, máis aberto e ventoso.

Desta mesma maneira, a praia de Cabedelo é unha das favoritas para xentes do norte de Portugal e o sur de Galicia á hora de escoller surf, windsurf, kitesurf ou bodyboard, con condicións de entre as mellores do mundo. Varias son as compañías locais, escolas e academias que aseguran a iniciación ou perfeccionamento destes deportes.

Unha vez acabada a sesión, ábrense novas vías para continuar gozando, ben sexa cun paseo ata o faro de Cabedelo, unha estancia no Cámping ou unha bebida fría nalgún dos bares da contorna. Outro punto de interese é o Monumento Natural Local da Ribeira de Anha, de elevado interese xeomorfolóxico, situadas as formacións a cabalo das praias de Rodanho e a antedita de Cabedelo. En definitiva, moitos mundos para escoller por todo aquel que decide visitar Viana con expectativas depositadas no deporte de exteriores e na adrenalina.

Localización

Praia de Cabedelo, Viana.

Coordenadas:

41.67870738190131, -8.832027240454552 HTML tutorial
Ver en Google Maps

Lendas / Historias vencelladas

Deportes Náuticos en la desembocadura del río y Cabedelo

Información de interese

Acceso libre. Para concertar actividades, consultar: http://www.cm-viana-castelo.pt/pt/atividades-nauticas, con toda a información relativa ás disciplinas, empresas e contactos e recomendacións útiles.

Bibliografía

Câmara Municipal de Viana. Sitio web oficial. Dispoñible en: http://www.cm-viana-castelo.pt

Descarga

Galería

Scroll ao inicio