Festival Internacional de Jardins
Festival Internacional de Jardins
De acordo coa súa tradición de cidade de flores, Ponte de Lima mantén dende 2005 unha mostra internacional de xardíns como parte importante da súa simboloxía, identificando xa á vila limiá con este tipo de conmemoración floral. Moitos visitantes acoden cada ano á zona do río para deleitarse cos xardíns, cheos de flores e tamén de connotacións poéticas, musicais ou etnográficas. Pura arte ao alcance de todos, que tamén chegou á vila galega de Allariz, en estreita colaboración con Ponte de Lima.
O festival ten lugar de primavera a outono, e é un evento singular, que cada ano reúne a autores de todo o mundo (especialistas en arte floral e creatividade) en torno a temas que buscan promover o pensamento, a información e a reflexión sobre cuestións ambientais. En 2021, a temática foi sobre as relixións nos xardíns, e o xardín “do diálogo” foi o máis votado, pois ao tratarse tamén dun concurso, escóllese ao preferido entre todos o que o visitan.
Entre o espazo reservado entres os xardíns, hai tamén zona de lecer, parque de xogos infantís e mesmo piscinas, unha para maiores e outra para os máis cativos.
Localización
Festival Internacional de Xardíns. Caminho de São Gonçalo.
Coordenadas:
41.76590916996032, -8.59144773516919Ver en Google Maps
Lendas / Historias vencelladas
Información de interese
Entrada de maio a outubro. Horario de mañá e tarde. Prezo habitual entre 1 e 3 euros, con descontos. Piscina ata comezos de setembro, prezo aparte. Votacións e resolución do gañador no mes de novembro, na extensión da web municipal.
Bibliografía
Festival Internacional de Xardíns. No sitio web oficial do turismo local, Visite Ponte de Lima. Dispoñible en: https://www.visitepontedelima.pt/pt/turismo/festival-internacional-de-jardins/
Câmara Municipal de Ponte de Lima. Sitio web oficial. Dispoñible en: https://www.festivaldejardins.cm-pontedelima.pt/