fbpx

Miradoiro de Costoira

Miradoiro de Costoira

Mirador de Costoira

Miradoiro de moi fácil acceso sobre o núcleo de Cerredelo, no municipio de Sandiás, ao que se pode acceder en vehículo a motor. Cunha altitude de 800 metros, trátase dun dos mellores lugares para comprender a relación entre o alto Limia e o veciño Río Arnoia que discorre paralelo polo norte.

Sentados no banco pódese chegar a albiscar polo oeste a extensión da extinta Lagoa da Antela e a Serra de San Mamede, coa súa prolongación nos Montes do Talariño onde nace o Río Limia. Mirando ao mediodía emerxen as serras de Larouco e os picos de Pitoões das Júnias, con dúas das maiores elevacións en territorio peninsular luso, o Larouco (1535 metros) e o Pico da Nevosa (1546 metros).

Xa cara o leste as Veigas de Ponteliñares e outro formidable miradoiro na comarca: o Castelo de Celme.

Localización

Pico Costoira, mirador.

Coordenadas:

42.11352, -7.77536 HTML tutorial
Ver en Google Maps

Lendas / Historias vencelladas

San Bieito da Uceira é un santo moi milagreiro, e con moita importancia no imaxinario limiao. A tradición conta que pode axudar á hora de acabar coas verrugas. Outras historias falan de ofrecer ao santo as partes do corpo que padecen o mal, e mesmo dun home que foi á romaría en muletas e logo de encomendarse, volveu camiñar.

Mirador de Costoira

Información de interese

A ascensión é libre dende a localidade de Sandiás, con carteis indicativos cara a pista que comunica a aldea de Cerredelo co miradoiro e coa ermida de San Bieito de A Uceira (s.XVII-XVIII), capela de forte devoción popular. Conta cunha romaría propia cada luns da Pascua, así como os segundos domingos de xullo.

Bibliografía

ÁLVAREZ SOAJE, M., CANLE CAMPUZANO, A. Por los montes y miradores de Galicia.
Ed. Nigra Trea, 2009.
MOSQUERA PAANS, M. Lendas de Ourense. Ed. Cumio.
PALOMANES, P. (1-4-2021, La region) El banco más alto de A Limia, en Sandiás.
Consultado online e recuperado de: https://www.laregion.es/articulo/a-limia/banco-masalto-limia-sandias/202104010005531017573.html

Descarga

Galería

Scroll ao inicio