fbpx

Nacemento do Río Limia/Lima

Nacemento do Río Limia/Lima

Nacimiento del Río Limia

O río Limia (Lima en Portugal) nace no monte Talariño, na parroquia de Paradiña do Concello de Sarreaus. Contorna recoñecida pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil, que destaca os 108km de lonxitude do río (e os 2387km2 da súa cunca) entre este punto e a desembocadura na foz de Viana do Castelo.

Aquí atoparémonos cun lugar privilexiado para camiñar ao redor de vales e montañas. O regato inicial baixa polo pobo de Paradiña e discorre pola aldea de Couso, pasando despois por Freixo e chegando a Sarreaus. Dende alí, toda a comarca da Limia e Baixa Limia galegas, para continuar polos municipios portugueses de Ponte da Barca, Arcos de Valdevez, Ponte de Lima e Viana do Castelo, antes de baleirar as augas no Atlántico.

Precisamente son moitos os veciños do lado portugués os que acostuman visitar tan senlleiro manancial, accedendo pola OU-113 ata chegar a Paradiña por Borrán e Ameá ou ben polo propio Sarreaus. Ou tamén por Laza, pola OU-113 aproveitando para visitar tamén o nacemento do Río Támega.

O lugar está ben sinalizado e os labores de limpeza levados a cabo polo Concello de Sarreaus axudaron a deixar o entorno dun xeito “amable”, logo de anos de abandono. O espazo é visita obrigada para veciños, turistas e tamén peregrinos, pois a Vía da Prata-Camiño do Sueste pasa moi preto.

Localización

Nacemento do río Limia.

Coordenadas:

42.13525027124417, -7.576975713731603 HTML tutorial
Ver en Google Maps

Lendas / Historias vencelladas

Nacimiento del Río Limia

Información de interese

A visita é libre. Cómpre ter coidado co tráfico ao ser este un lugar de circulación de vehículos motorizados.

Bibliografía

Descarga

Galería

Scroll ao inicio