Núcleo de interese etnográfico de Congostro
Núcleo de interese etnográfico de Congostro
A fermosa aldea de Congostro emerxe moi próxima á capital do municipio de Rairiz de Veiga. Formando parte da Reserva da Biosfera “Área de Allariz”. Trátase dun conxunto etnográfico amplo, cun dos mellores exemplos de arquitectura popular galega, conformando un verdadeiro museo ao aire libre.
As súas construcións, moi ben restauradas, son magníficos exemplares do patrimonio etnográfico. Así podemos admirar dende muíños, fornos, cruceiros a airas con relevantes cabaceiros que recordan aos Espigueiros do Soajo. Congostro mantén así viva as características tradicionais das aldeas limiás: rúas estreitas e casas apegadas entorno ás airas.
A maior concentración de cabaceiros témola na Aira da Moa, no centro do pobo. Destaca ao mesmo tempo, a antiga reitoral, hoxe convertida en aloxamento rural. Conta cunha edificación principal de planta rectangular cun balcón cuberto de madeira, destacando entre o resto.
Conta a aldea tamén cun pequeno centro de interpretación que alberga unha exposición sobre a historia e a etnografía do lugar, así como unha mostra didáctica da Vía Nova romana.
Localización
Congostro, 32654, Rairiz de Veiga
Coordenadas:
42.04594564746106, -7.8773193597945905Ver en Google Maps
Lendas / Historias vencelladas
Información de interese
O entorno máis próximo é configurado por Congostro, San Miguel de Congostro e Santo André, no medio. Punto no que existe unha importante oferta de turismo rural. Para máis información e reservas recoméndase contactar no teléfono 0034 655 115 069.
Para máis información pode consultarse o sitio web da Reserva da Biosfera Área de Allariz: https://www.areadeallariz.com/
Bibliografía
Sitio web oficial ayuntamiento de Rairiz de Veiga. Disponible en: www.rairizdeveiga.es
Sitio web oficial de turismo de Galicia: Disponible en: www.turismo.gal
Santo André, aldea rural. Disponible en: https://aldearuralsantoandre.com/