Ouvigo
Ouvigo

No lugar de Ouvigo, parroquia de Os Blancos, encóntrase un dos lugares máis enigmáticos da Limia, conformado por unha necrópole e unha edificación tardorromanas.
Aínda son visibles os restos dun antigo santuario paleocristián dedicado a San Breixo (coñecido como o “Santo Vello”) que ten arredor á antiga necrópole. Moi preto tamén encóntrase o pazo de Arroxo, bela casa con escudo de armas e torre.
O Museo Arqueolóxico de Ourense custodia na actualidade a “píxide” de Ouvigo, localizada no mesmo xacemento arqueolóxico. Trátase dunha caixa de fins do século XIII destinada a gardar a eucaristía ou levar as provisións.
A natureza manda nesta zona, repleta de carballos e castiñeiros, ademais de piñeiros e breixos nas cotas máis altas. Na parte baixa do concello, prados e labradíos, coa pataca como estrela. Este concello conta cunha das subzonas amparadas pola Indicación Xeográfica Protexida “Pataca de Galicia”.
Localización
Lendas / Historias vencelladas

Información de interese
O acceso ao pobo de Ouvigo é sinxelo en vehículo. Porén recoméndase preguntar a veciñanza do lugar pola capela antiga pois parte dos restos encóntranse cubertos. Para máis información chamar por teléfono ao 0034 988 467 567.
Bibliografía
Rodríguez Colmenero, A. (2018) O oratorio paleocristián de Ouvigo (Os Blancos, Ourense) In tempore sueborum, p.365-366.