Ponte Arnuide. Zona de baño e área recreativa.
Ponte Arnuide. Zona de baño e área recreativa.

Magnífico espazo recreativo ao carón dunha ponte histórica localizada na poboación de Arnuide, moi preto da capitalidade municipal de Vilar de Barrio. A construción salva o río Arnoia no seu tramo alto, poucos quilómetros abaixo despois do seu nacemento na serra de San Mamede.
O monumento hoxe conservado é de clara factura medieval (s. XIV-XV), cun so arco apuntado e de dobre vertente. Describindo un vano de 37 metros de longo e 3´5 metros de ancho. Porén, varios especialistas describen a orixe da ponte en época romana asociada a un ramal ou variante do paso da VIA NOVA que conectaba as cidades de Braga e Astorga. Nesta dirección parecen apuntar os abundantes restos arqueolóxicos recuperados na súa contorna.
Os traballos realizados polas administracións permitiron acondicionar a súa contorna e convertelo nun espazo de baño ideal para toda a familia. Encontrándose ademais moi próximo á fermosa igrexa parroquial de Santa María de Arnuide, pertencente ao arciprestazgo dos Milagres, na que o famoso escultor barroco Francisco de Moure confeccionou un dos seus retablos.
Localización
Lendas / Historias vencelladas

Información de interese
Bo estado de conservación. A visita exterior é libre, podendo chegar en vehículo. Nas inmediacións existe oferta de restauración.
Bibliografía
Caamaño Gesto, J. M. (1995) El trazado de la Vía 18 del Itinerario de Antonino en
Galicia. En: Cadernos de Arqueologia. ISSN 0870-6425. Série II, 12-13. P. 45-87.
Iglesias Veiga, J. R. (2013) Arquitectura regionalista en Galicia: de la mirada al románico a la revalorización del barroco. En: Espacio, tiempo y forma, revista de la Facultad de Geografía e Historia, Serie 7, Historia del arte, p. 245-274. UNED, Madrid.
VV.AA: Enciclopedia del Románico: Ourense. Fundación Santa María la Real. 2015.