fbpx

Ponte de Santa María

Ponte de Santa María

Puente de Santa María

A ponte de Santa María tamén é coñecida como Ponte Vella ou Pontella da Forxa. Sitúase sobre o río Fírbeda ou das Mestas, que nace no concello de Calvos de Randín. O mesmo curso de auga que nutre a monumental fervenza homónima. Atópase á beira da estrada C-301 que une Porqueira con Xinzo de Limia, na localidade da Forxa.

Construída no século XVIII mediante tres piares de bos perpiaños elevados sobre o río. Unha técnica construtiva moi estendida a ambos lados da fronteira. Por enriba deles discorre unha fermosa calzada composta por grandes lousas de granito.

Os catro “ollos” cos que se supera o río non chegan a poder ser considerados como arcos, senón que máis ben piares de perpiaños irregulares.

Localización

Lugar de Forxa, 32643, Porqueira.

Coordenadas:

42.01772, -7.84490 HTML tutorial
Ver en Google Maps

Lendas / Historias vencelladas

Puente de Santa María

Información de interese

Ao seu carón hai un área recreativa e un muíño. Un espazo ideal para o descanso estival.

Bibliografía

Ficha 030245. Catalogación do patrimonio cultural da Alta Limia.

Descarga

Galería

Scroll ao inicio