Quinta de Campos do Lima
Quinta de Campos do Lima
O municipio de Arcos de Valdevez é coñecido polas súas xiras enoturísticas que se poden facer nas distintas adegas dedicadas á produción de viño, como a xira Vez, a xira Padre Himalaya e a xira Veigas da Matança, entre outras. Os viños Arcos de Valdevez son unha marca territorial que resulta da identidade única que o territorio entre Lima e Vez proporciona aos seus viños.
Situado na subrexión de Vale do Lima, o terreo caracterízase por viños verdes elementais, tintos da variedade Vinhão e brancos da variedade Loureiro. Estas variedades orixinan viños que presentan características e sensacións únicas, resultantes de condicións meteorolóxicas moi peculiares.
Esta quinta localizada nas marxes do Lima, moi preto do Hipódromo de Ponte da Barca e do seu centro histórico, conta cunha fantástica colección ampelográfica (patrimonio xenético da rexión de Vinho Verde – 69 especies) e promove accións e proxectos de experimentación en apoio da viticultura. Ademais, é un centro de experimentación e investigación creado pola Comisión de Viticultura da Rexión do Viño en 1984. Nela pódense levara a cabo actividades vencelladas co agroturismo boa parte do ano, ademais de visitas e proba de viños. Hai unha boa extensión de bosque xusto ao lado.
Localización
Lendas / Historias vencelladas
Información de interese
Acceso con reserva previa á zona de investigación e exposición
Contacto: 00351 258 480 200