fbpx

Románico de Vilar de Lebres

Románico de Vilar de Lebres

: Románico de Vilar de Lebres

Pertencente ao municipio de Trasmiras, a igrexa de San Salvador encóntrase actualmente lonxe de poboacións. Sendo Vilar de Lebres o núcleo máis próximo polo oeste.

Trátase dun exemplo perfecto de románico rural, tan recorrente polo espazo fronteirizo. Actualmente os estudosos propoñen como data da súa construción as primeiras décadas do século XIII (1220-30). Referíndose a ela como unha obra de románico tardío.

Na fachada occidental atopamos a porta principal decorada con elementos típicos do estilo, podendo observar arquivoltas de medio punto adornados con motivos vexetais. Estes arcos apoian sobre unha liña, chamada imposta, que aparece decorada neste caso con cruces insertas en círculos.

Igualmente singulares son os capiteis ornamentados con figuración animal e vexetal á dereita e esquerda da porta principal. Os muros laterais da nave son lisos e de grande porte. A única decoración que presentan é a base de bolas, debaixo do tellado. A ábsida, pola contra, ten un programa decorativo máis amplo. Podendo observar os enigmáticos canzorros. Entre esta mostra escultórica, tan características do estilo, encontramos figuras antropomorfas, animais, vexetais…

No interior aprécianse as súas pequenas dimensións e como o muro venceu ao vano, converténdose nunha igrexa moi escura. Rematando o conxunto, e de época posterior (S. XVII), emerxe unha típica espadana. Arredor da igrexa, e sobre o atrio, confórmase o cemiterio parroquial, como acostuma ser norma en moitas das igrexas rurais de Galicia e norte de Portugal.

Localización

32695 Vilar de Lebres, Ourense

Coordenadas:

41.98987990928775, -7.615129492015138 HTML tutorial
Ver en Google Maps

Lendas / Historias vencelladas

: Románico de Vilar de Lebres

Información de interese

Bo estado de conservación. A visita exterior é libre. Para visitar o interior, adaptado a horario de liturxia, é necesario poñerse en contacto co Concello de Trasmiras no teléfono 0034 988 445 000.

Bibliografía

Barriocanal López, Yolanda: Arquitectura relixiosa da Limia.
VV.AA: Enciclopedia del Románico: Ourense. Fundación Santa María la Real. 2015.
Ficha 070082 da Igrexa de San Salvador de Vilar de Lebres no “Catálogo do patrimonio
cultural” da Alta Limia.

Descarga

Galería

Scroll ao inicio