fbpx

Ruta área fluvial de Pacín

Ruta área fluvial de Pacín

Ruta área fluvial de Pacín

Moi preto de Entrimo, ao carón do río Pacín, foi habilitada unha área recreativa e unha piscina fluvial na que poder refrescarse despois de realizar a ruta de sendeirismo que nos permite visitar  o  conxunto  arqueolóxico  de  Os  Castelos  –  Pía  da  Moura.  Un  dos  mellores  e  máis singulares miradoiros de todo o val do Lindoso.

Esta área de recreo con merendeiro é denominada tamén como “As Perdices”. A praia ten escaleiras para baixar ao treito do río Pacín, encorado. Xunto ao parking, hai un cartel que sinala a senda paralela ao río, de arredor de 1’5km, que leva se continuamos para adiante, ata a Fervenza do Pozo Caído. Cara a estrada pola que viñemos, podemos serpentear xunto ao río para ver as pozas “dos Cirolos”.

Localización

Praia fluvial de Pacín

Coordenadas:

41.942094925404795, -8.092434770116709 HTML tutorial
Ver en Google Maps

Lendas / Historias vencelladas

Ruta área fluvial de Pacín

Información de interese

Parking amplo ao lado da praia fluvial, acceso en estrada estreita. Recoméndase facer caso das indicacións da diferente cartelería existente. Tanto para acceder ao lugar como a realización da ruta de sendeirismo.

Pode obterse máis información:

– No sitio web da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês – Xurés (RBTGX): https://www.reservabiosferageresxures.eu/gl

– No sitio web das Portas do Xurés (Rede de Portas da parte galega da RBTGX): http://portasxures.es/index.php/gl/

Bibliografía

Descarga

Galería

Scroll ao inicio