fbpx

Santuário do Sagrado Coração de Jesus em Santa Luzia

Santuário do Sagrado Coração de Jesus em Santa Luzia

Santuario de Santa Luzia

O Santuario ou Basílica do Sagrado Corazón de Xesús, comezado polo famoso arquitecto Miguel Ventura Terra e finalizado polo seu discípulo Miguel Nogueira na 1ª metade do século XX (entre 1904 e 1959), foi edificado na montaña de Santa Luzia, a 228 metros sobre o nivel do mar, na parte norte da cidade.

Considerado como un dos monumentos máis coñecidos e emblemáticos de todo Portugal, constitúe un exemplo de arquitectura contemporánea de inspiración románico-bizantina. Hai quen di que tamén a imaxe e semellanza do Sacré-Coeur parisino. Con elementos de influencia neogótica tamén, conta cos rosetóns más grandes da Península Ibérica e os segundos mais grandes de Europa, baixo unha estrutura cadrada apoiada en contrafortes.

Na parte traseira do monumento pódense apreciar as pedras da anterior capela. Dende o alto do monte, xunto ao templo e as súas escalinatas, xardín ou parque, divísase e contrólase boa parte da extensión do val do Lima, ata chegar a albiscar a propia vila de Ponte de Lima, ao fondo, e o estuario, xusto por debaixo, na cidade de Viana. Ao norte, apréciase a Serra d’Arga. Esta paisaxe chegou a ser considerada como unha das máis belas do mundo por revistas especializadas. Os vianeses chámanlle cariñosamente como a “Princesa do Lima”.

Localización

Santuario de Santa Luzia.

Coordenadas:

41.70157974475661, -8.835179744114212 HTML tutorial
Ver en Google Maps

Lendas / Historias vencelladas

Conta a lenda e a tradición que o capitán de cabalería Luís de Andrade e Sousa, despois de sofrer da vista, pediu á santa (especialista en axudar con este sentido) na capela antiga. Unha vez que se recupera, constitúe na vila a Cofraria de Santa Luzia.

Santuario de Santa Luzia

Información de interese

Aberto o templo todos os días de 8.00h a 17.00h, no inverno, e de 8.00h a 19.00h, no verán. Oración diaria ás 15.30h e misa ás 16.00h. Moi recomendable desfrutar da vista 360º no seu ciborio, aberto co ascensor de 9.00h a 18.45h no verán e ata as 16.45h no inverno. Prezo simbólico. Servizo de cafetería e tenda.

Contacto: 00351 258 823 173.

 

Bibliografía

ALMEIDA, Pedro Vieira de, FERNANDES, José Manuel – História da Arte em Portugal – Arquitectura Moderna, vol.14. Publicações Alfa, Lisboa, 1993.

ALPUIM, Maria Augusta Eça de – A Montanha Dourada. 2ª Edição. Viana do Castelo: Confraria de Santa Luzia, Viana do Castelo, 1989.

BRANCO, José Luís – Aleixo Queiroz Ribeiro – Autor da Estátua de bronze do Sagrado Coração de Jesus, em Santa Luzia, Viana do Castelo. Viana do Castelo: Confraria de Santa Luzia, 1999.

CARDOSO, António, GUIMARÃES, Carlos – Do Ecletismo à Arquitectura Contemporânea do Norte de Portugal in Arte e Cultura da Galiza e Norte de Portugal: Arquitectura, vol. 2. Setúbal: Marina Editores, 2006.

CARVALHO, António de – Santa Luzia através dos tempos. in Santa Luzia, nº425.

COSTA, Domingos de Jesus Sá Pires – Templo de Santa Luzia. Braga: Instituto Superior de Teologia, 1981.

FERNANDES, Francisco José Carneiro – Viana Monumental e Artística. Viana do Castelo: Grupo Desportivo e Cultural dos Estaleiros Navais.

PERDIGÃO, Maria José Araújo Lima – O arquitecto Miguel Ventura Terra – Vida e Obra. Lisboa: Faculdade de Ciências Sociais e Humanas da Universidade Nova de Lisboa, 1988.

Site web oficial. Dispoñible en: https://templosantaluzia.org/

Descarga

Galería

Scroll ao inicio