Sendeiros de Vilar de Santos
Sendeiros de Vilar de Santos
O Concello de Vilar de Santos conta na actualidade cunha ampla oferta de sendeiros deseñados para protexer, conservar e difundir os valores ambientais da Reserva da Biosfera “Área de Allariz”. Equipamentos pensados tanto para o uso da propia veciñanza da zona como para visitantes.
Sendeiro do Ruxidoiro | Distancia 3.7km | Duración 1h | Dificultade Baixa
Sae da Igrexa románica de Vilar de Santos, por riba da Praza do Concello, segue cara á aldea de Saa e desde alí, atravesando bosques de carballos, praderías e un muíño, encamíñase ao Ruxidoiro, zona núcleo da Reserva da Biosfera “Área de Allariz”, lugar onde remansaba a auga do regato Cigüeñeiras. Trátase dunha ruta pequena e con pouca dificultade, apta para calquera paseante.
Sendeiro de Castelaus | Distancia 5,10km | Duración 2h | Dificultade Baixa.
Sendeiro circular que parte e regresa ao pobo de Castelaus, comunicando ao tempo este coa ruta anterior do Ruxidoiro. Trátase dunha ruta pequena, apta para calquera paseante.
Sendeiro de Parada | Distancia Longa 11km | Duración Longa 3h | Dificultade Baixa // Distancia Curta 6,5km | Duración Curta 2h | Dificultade Baixa.
Ruta que parte do pobo de Parada, onde deixamos aparcado o noso vehículo. Aquí podemos coller auga para o camiño e visitar o entorno da igrexa de Santa María, que garda no seu interior ao santo mais querido na contorna, e un dos máis singulares de Galicia, San Bieito Preto. Na Pascua son miles os que veñen en peregrinación á festa na súa honra.
Este sendeiro circular percorre case toda a parroquia de Parada atravesando os núcleos de Outeiro, Laioso, Bréixome, A Venda e O Vieiro.
Localización
Lendas / Historias vencelladas
Información de interese
Todas as rutas son sinxelas pero para as que convén estar acostumado a camiñar. Recoméndase levar auga, calzado cómodo e algún material complementario para se orientar se fixera falta. Tamén cómpre valorar cal é a época do ano axeitada. Na primavera e comezos do outono é cando máis contrastes se poden apreciar, acompañados dunhas condicións climatolóxicas máis amables.
Recoméndase atender as indicacións previstas nos paneis de inicio en canto a tempo de execución, dificultade, equipo necesario, etc.