fbpx

Trilho de S.Miguel á Ermida

Trilho de S.Miguel á Ermida

Ruta de S.Miguel a la Ermida

Trátase dunha ruta que discorre polas parroquias de Entre Ambos-os-Rios, Germil e Ermida, no concello de Ponte da Barca. Discorre polas ladeiras dos vales onde flúen o río Froufe  e a Ribeira de Carcerelhe (o seu afluente).

Estamos no medio da Serra Amarela, nun territorio pertencente ao Parque Nacional Peneda-Gerês, na marxe esquerda do río Lima. Comeza e remata na igrexa de São Miguel de Entre Ambos-os-Rios (s. XVIII) e lévanos a visitar as localidades de Froufe, Lourido e Ermida. Xusto antes desta última localidade, os 3 últimos km coinciden coa GR 34, Interpretativa da Serra Amarela. Más adiante, a ruta intégrase na GR 1-PTB ata o fin do percorrido. En Froufe, podemos albiscar currais para recoller o gando moi enxebres, típica arquitectura popular.

É unha ruta que nos conquista pola beleza do bosque (entre piñeiros, carballos e xestas), o medio rural da agricultura de subsistencia en socalcos, a arquitectura relixiosa das igrexas, capelas e santuarios. Sen esquecernos dos desfiladeiros do Rio Carcerelhe, o miradoiro da Ermida, etc. En definitiva, un exemplo de tallas rupestres e de impoñentes montañas que dominan estas partes (Serra Amarela e Serra do Soajo)

Localización

Inicio da ruta, xunto á Igrexa de São Miguel de Entre Ambos-os-Rios

Escola Básica do 1.º Ciclo de Igreja (Entre Ambos-os-Rios),

Coordenadas:

41.81974184816046, -8.310055752046885 HTML tutorial
Ver en Google Maps

Lendas / Historias vencelladas

Ruta de S.Miguel a la Ermida

Información de interese

Acceso libre. Recoméndase seguir as indicacións dos paneis informativos, atender a meteoroloxía e ir equipados para a práctica de sendeirismo de montaña.

Bibliografía

Câmara de Ponte da Barca. Sitio web oficial. Dispoñible en: https://www.cmpb.pt/

Descarga

Galería

Scroll ao inicio