fbpx

Veiga de S. Simão e Lagoas de Vila Franca

Veiga de S. Simão e Lagoas de Vila Franca

Veiga de S. Simão y Lagoas de Vila Franca

O sistema de xunqueiras e marismas que se producen aquí, xunto co complexo de canles de auga e lagos existentes, confiren a este espazo unha riqueza faunística e florística única. Destacan os bosques pantanosos, que entran en contacto con prados húmidos, ambos hábitats de conservación prioritaria.

Recentemente, a Câmara Municipal de Viana manifestou o seu interese por clasificar as veigas e lagoas de S. Simão e de Vila Franca como Área de Paisaxe Protexida do Estuario Inferior do Lima. Desta maneira, a previsión é estabilizar esta marxe do río.

Estas dúas lagoas, na marxe esquerda do Lima, son alimentadas pola ribeira de São Simão, con 5km de extensión e están cheas de xunqueiras e bosques ideais para o aniñamento e o apoio na migración das aves acuáticas. O lugar está incluído no ZEC Río Lima e na Rede Natura 2000.

Localización

Lagoas de Vila Franca

Coordenadas:

41.69286271838603, -8.759772706508606 HTML tutorial
Ver en Google Maps

Veiga de São Simão

Coordenadas:

41.692182440616875, -8.773353721626298 HTML tutorial
Ver en Google Maps

Lendas / Historias vencelladas

Veiga de S. Simão y Lagoas de Vila Franca

Información de interese

Acceso libre. Numerosas pistas contornan as lagoas dende Viso, Atranco e a capela de São Simão. Esta “veiga” é moi querida polos amantes so sendeirismo en Viana. Pouco antes de chegar ao río hai unha capela homónima e unha zona de lecer (Parque de Merendas) e restauración.

Bibliografía

Geoparque litoral de Viana do Castelo. Sitio web oficial. Dispoñible en:  https://www.geoparquelitoralviana.pt/explorar/zec-rio-lima/lagoas-de-vila-franca/ 

Câmara municipal de Viana. Sitio web oficial. Dispoñible en:  http://www.cm-viana-castelo.pt/ 

VV.AA (2017) Geossítios do Geoparque Litoral de Viana do Castelo. Associação Portuguesa de Geomorfólogos. U. Minho.

Descarga

Scroll ao inicio