fbpx

Veigas de Ponteliñares

Veigas de Ponteliñares

Vegas de Ponteliñares

As veigas de Ponteliñares son un espazo protexido como Lugar de Interese Comunitario (LIC declarado dende 2012, dentro da Rede Natura 2000) que forman parte da Zona de Especial Protección de Aves da Limia en terreos de Porqueira e Rairiz de Veiga. Cun total de 1’3 km2, forma parte do complexo húmido do Limia na súa parte central, a camiño cara a raia portuguesa, lembrando a outras áreas protexidas como son a Lagoa de Bertiandos e São Pedro de Arcos, en Ponte de Lima.

Un lugar ideal para a práctica do turismo ornitolóxico ou incluso para a práctica de actividades de sendeirismo e cicloturismo. Existe unha ruta sinalizada de 12 km circulares Esta zona presenta un bo abano de elementos de flora e fauna que son susceptibles de especial protección: dende a anfibia rá patilarga, ata varias ducias de aves, invertebrados, reptís e mamíferos pequenos e peixes como a perca, a troita ou a anguia. Pola súa banda, aparece unha pequena planta (Eryngium viviparum), propia do Noroeste peninsular e afeita ao clima atlántico, moi delicada. A maior parte do humidal está cuberto por xunqueiras.

Localización

Coordenadas:

42.042131, -7.852123 HTML tutorial
Ver en Google Maps

Lendas / Historias vencelladas

Vegas de Ponteliñares

Información de interese

O acceso é libre, contando con varias rutas sinalizadas a un lado e outro do Río Limia, tanto en terreos do Concello de Rairiz de Veiga como de Porqueira. O lugar é ideal para a práctica do cicloturismo e o visionado de aves.

Encontrámonos nunha zona de alto valor natural pola que débese respectar en todo momento a flora e fauna do lugar. Evitando a contaminación acústica nin deixar lixo e outros desperdicios.

Bibliografía

Descarga

Galería

Scroll ao inicio