Zona acondicionada a comezos do século XXI, tamén coñecida por “Pantalán dos Chaos”. Inaugurada no ano 2018 como área recreativa nas beiras do encoro das Conchas, é o lugar de esparexemento ideal para os meses estivais con mesas, estacionamento, bancais e paseos empedrado. Complétase o espazo cun edificio de servizos onde atopamos aseos, duchas e zona hostaleira aberta tamén con servizo de bar no verán, época na que se realizan veladas musicais os sábados.