O complexo turístico do Corgo, en Muíños, acolle a única proba da “Gladiator Race” que se celebra en España en 2021

Máis de 400 participantes procedentes de quince provincias e do norte de Portugal, o 80 % inscritos en grupos, percorrerán un circuíto de 6 quilómetros que porá a proba a súa capacidade de superación para salvar máis de 25 obstáculos do máis diverso tipo.