A Xunta destina 424.000 euros para a rehabilitación da reitoral de Santa Comba de Bande
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, visitaron hoxe o edificio no que levarán a cabo as actuacións de acondicionamento para poñer en valor a contorna da igrexa de San Trocado e fomentar o turismo cultural. Alfonso Rueda destacou a aposta do concello por un modelo turístico sostible e de calidade que coincide cos valores do turismo galego. Román Rodríguez destacou que a Xunta inviste un 19% máis para a mellora do patrimonio e poñer valor bens como este templo, un dos máis de 700 BICs.
A Xunta destina 424.000 euros para a rehabilitación da reitoral de Santa Comba de Bande Ler máis »