A Fonte da Cunca
A Fonte da Cunca
Fermosa área recreativa situada a menos dun quilómetro do “Viso da Porta da Veiga”, unha das mellores panorámicas da Limia dende o sur. Por baixo do “Penedo das Fatigas” e dentro dunha pequena ruta de sendeirismo sinalizada co nome de O Cebreiro – Raíña Loba. A fonte foi sempre lugar de concentración dos paisanos para comezar a batida do lobo, así é que moi preto está un dos maiores “foxos do lobo” da península ibérica, onde se cercaba ao animal para lle dar morte.
A ruta, que pasa pola Peneda da “Raíña Loba” e pola “Peneda das Fatigas”, ten arredor de 12km, é circular e pódese realizar nunhas tres horas a pé. Todo o camiño está repleto de vexetación de media montaña, con maioría de piñeiro e carballo. A “Peneda das Fatigas” é unha mole rochosa acabada en forma redonda, a modo antropomórfico. As vistas dende alí son espectaculares, coa Serra do Larouco, o val do Salas, o entorno da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés (RBTGX) ou toda a chaira da Limia.
Localización
Lendas / Historias vencelladas
Moitas lendas corren acerca da forma dos penedos, algunhas deles vencellan estas formas a xigantes, outros falan de lugares santos ou mesmo de aparicións divinas aos pés das rochas.
Información de interese
Recoméndase realizar o Roteiro O Cebreiro-Raíña Loba co fin de descubrir cada un dos recunchos deste enigmático lugar. A ruta pode seguirse en bicicleta ou a pé. No Concello de Os Blancos poden solicitar información sobre a sinalización e trazado. Contacto telefónico no número 0034 988 467 567.
Para máis información pode consultarse tamén a páxina web da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés (RBTGX):
https://www.reservabiosferageresxures.eu/gl
Bibliografía
CUEVILLAS, Florentino, «Un nuevo castillo de la Reina Loba», en Boletín de la Comisión de Monumentos de Ourense, Tomo XVIII, Ourense, 1956, págs. 193 y 194.
MOURE SALGADO, Xabier, Castelo da Raíña Loba, en Patrimonio Galego