fbpx

Área Protexida e Zona Húmida de Importancia Internacional das Lagoas de Bertiandos e Sâo Pedro de Arcos.

Área Protexida e Zona Húmida de Importancia Internacional das Lagoas de Bertiandos e Sâo Pedro de Arcos.

Área Protegida y Zona Húmeda de Importancia Internacional de las Lagoas de Bertiandos y Sâo Pedro de Arcos

A área protexida (de 350 hectáreas), localizada en Arcos, Ponte de Lima, inclúe varios valores naturais que a converten nun importante espazo para a conservación e divulgación da natureza e da biodiversidade a nivel rexional, nacional e internacional. Isto débese á presenza dunha grande diversidade de hábitats de conservación prioritaria asociados a un humidal continental.

No espazo existe unha rede de sendas peonís (de escasa dificultade)  que se adentran na lagoa, e que promoven o contacto directo coa natureza. A ruta pódese comezar dende Bertiandos, con mostra de casas señoriais (Solar de Bertiandos) Despois atravesamos o río Estorãos, e a súa fermosa ponte e xa entramos na rede de rutas sinalizadas.

Fundamental é a presenza do Centro de Interpretación Ambiental, 1’5 km máis adiante, onde se pode atopar moita información sobre a fauna, flora, interpretación do territorio, características específicas do río Lima, etc. En canto a especies arbóreas, falamos de salgueiros, amieiros, carballos, bidueiros e freixos. Pola fauna; anfibios, pequenos mamíferos e, sobre todo, aves, tanto migratorias como afincadas.

Localización

Centro de Interpretação Ambiental. Rua da Lagoa, 476. Arcos-Ponte de Lima. Acceso pola parroquia de Bertiandos.

Coordenadas:

41.76465638423216, -8.642545173242839 HTML tutorial
Ver en Google Maps

Lendas / Historias vencelladas

Área Protegida y Zona Húmeda de Importancia Internacional de las Lagoas de Bertiandos y Sâo Pedro de Arcos

Información de interese

Posibilidade de visitas guiadas para grupos dende 30€. Prezos especiais para escolas. Aloxamento no entorno da lagoa, aluguer de equipos e actividades programadas. Espazo ciencia divertida. De luns a venres de 9.00h a 12.30h e de 14.00h a 17.30h; sábados e domingos de 14.30h. a 17.30h. (Teléfono: 00351 258 733 553).

 

Bibliografía

Lagoas de Bertiandos e São Pedro de Arcos. Sitio web oficial da câmara municipal de Ponte de Lima. Dispoñible en: https://lagoas.cm-pontedelima.pt/

Ramos de Araújo Bogas, P. S. (2012) Qualidade da água do Rio Estorãos na área protegida das Lagoas de Bertiandos e São Pedro de Arcos. Mestrado em Gestão Ambiental e Ordenamento do territorio. Escola Superior Agraria, Instituto Politécnico de Viana do Castelo.

Descarga

Galería

Scroll ao inicio