fbpx

Ciclo do entroido

Ciclo do entroido

O entroido vívese no Concello de Entrimo durante todo o ano, no inverno e tamén no verán.

O ciclo comeza no inverno cos recuperados personaxes de “Madamitas” e “Madamitos”, documentadas xa hai décadas por Otero Pedraio, pero voltas “á vida” grazas ás mulleres rurais locais. Este entroido (febreiro ou marzo, dependendo da coresma), conta con xoves de comadres, festa popular de disfraces e desfile de madamitas/os e cabezudos, sen esquecernos do enterro da sardiña.

Os traxes dos protagonistas teñen cores brancas e vermellas, enaguas e calzóns, con faixa para el e mantilla para ela, con sombreiro feminino de palla con tul e o masculino acabado en cono. O seu simbolismo é, no fondo, unha burla aos ricos, ás familias máis “poderosas” da localidade. Dende hai pouco tempo, xa forman parte madamitos e madamitas do patrimonio do Museo Galego do Entroido de Xinzo de Limia.

Meses despois celébrase o entroido alternativo de verán, que atrae a grande cantidade de visitantes ao lugar. Trátase do “Entrifraz”, entroido recente pero que vai collendo sona polos arredores, con festa e animación (desfile) durante toda a xornada, oferta gastronómica, etc. Como curiosidade, a reivindicación entrimeña en canto á música popular: aquí soan as concertinas, non as gaitas. No entroido soa, sobre todo, o bo humor e o espírito de alegría e convivencia.

Localización

A Terrachá, Entrimo

Coordenadas:

41.93283260736934, -8.116187692759086 HTML tutorial
Ver en Google Maps

Lendas / Historias vencelladas

Información de interese

Acceso libre, disfraz recomendado para participar na festa, como en todos os entroidos. Para máis información recoméndase o contacto por teléfono no 0034 988 434 666.

Pode obterse máis información:

– No sitio web da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês – Xurés (RBTGX): https://www.reservabiosferageresxures.eu/gl

– No sitio web das Portas do Xurés (Rede de Portas da parte galega da RBTGX): http://portasxures.es/index.php/gl/

Bibliografía

Fernández, L. (24-2-2020, La Región) Entroido en Entrimo: desfile en blanco y rojo por las calles de la Terrachá. Dispoñible en: https://www.laregion.es/articulo/entroido/desfile-blanco-rojo-calles-terrachan/20200224093125928210.html

Descarga

Galería

Scroll ao inicio