fbpx

Citânia de Santa Luzia

Citânia de Santa Luzia

Citânia de Santa Luzia

A Citania de Santa Luzia, coñecida localmente por “Cidade Velha“, é um dos castros mais coñecidos do Norte de Portugal e, sen dúbida, un dos máis importantes á hora de estudar a Protohistoria e a Romanización do Alto Minho.

O poboado, fortificado de estilo “protourbano” (con cuartos agrupados en barrios e construcións circulares ou rectangulares orientadas cara o sur), crese que estivo habitado entre a Idade de Ferro e a Romanización. Está nun enclave estratéxico, dominando o estuario e a desembocadura do río Lima, así como o propio océano Atlántico. As primeiras escavacións no castro datan de finais do século XIX, e da superficie orixinal só se conserva un tercio, debido ás construcións e accesos modernos.

O carácter defensivo é idéntico ao que se pode ver en Briteiros, ou noutros castros do lado galego como Os Castelos de Entrimo, Lobosandaos en Bande ou mesmo Nocelo da Pena en Sarreaus, con murallas e foxos. Ademais, a súa distribución suxire un intenso uso de actividades agropecuarias e explotación dos recursos marítimo-fluviais. A chegada dos romanos cambiou o trazado interno do castro. Algunhas das casas contaban con atrio e mesmo de fornos para cocción propia.

Localización

Monte de Santa Luzia.

Coordenadas:

41.70539916820458, -8.835223484653772 HTML tutorial
Ver en Google Maps

Lendas / Historias vencelladas

Citânia de Santa Luzia

Información de interese

Parking amplo na zona de detrás do Santuario. Accesos ben sinalizados dende Viana. Evitar datas vacacionais por masificación, protexer as entradas e espazos do castro. Servizos de centro interpretativo, tenda, visitas guiadas e actividades pedagóxicas.

Contacto: 00351 258 825 917 // citania@culturanorte.pt.

Bibliografía

Sitio web de cultura-norte (gobernamental). Dispoñible en: culturanorte.gov.pt/patrimonio/citania-de-santa-luzia

 

Descarga

Galería

Scroll ao inicio