fbpx

Ecovias, rotas e Percursos Pedestres

Ecovias, rotas e Percursos Pedestres

Ecovias, rutas y Percursos Pedestres

Na cámara de Ponte de Lima, as rutas peonís, rutas e ecovias, distribuídas por todo o territorio, favorecen o contacto coa natureza, co mundo rural e facilitan o descubrimento do patrimonio. Podemos mencionar un bo número delas:

A Ecovia dos Açudes, a Ecovia das Laranxas, a Ecovia das Lagoas, a Grande Ruta de Montaña, o Percorrido da Auga, o Percorrido da Lagoa, o Percorrido da Mesa dos Catro Abades, o Percorrido da Veiga, o Percurso das Tapadas, a Ruta dos Cruceiros, Ruta do Solar, a Ruta da Azenha, o Percorrido do Lobo Atlántico, o Percorrido de S. Julião de Freixo, o Percorrido do Río, o Percorrido do Cerquido e o Percorrido do Carvalhal do Trovela.

Decenas de opcións para realizar a pé, en bicicleta ou a cabalo, ao longo das marxes do Lima, polas lagoas, serra ou puntos de especial interese patrimonial/artístico. Moitas delas son curtas, aínda que outras, como a Grande Ruta de Montaña, poden chegar aos 37’5km (da Serra d’Arga a Arcos de Valdevez) No caso da Ecovia dos Açudes, esta transpórtanos por un entorno de pesqueiras, muíños, e fragas.

Outra ruta moi transitada é a da Mesa dos Quatro Abades, pequena rota de uns 12 km que vai de Refoios do Lima (Lugar da Vacariça) a Vilar do Monte. Deixando a zona do río, vaise gañando altitude (en dirección a Paredes de Coura) e achegámonos a unha paisaxe dominada por vacas, cabalos, faias e muros cercados de pedra. A “Mesa” onde se reunían os representantes da parroquia para resolver asuntos é un recanto con mesas e bancos de pedra, xusto no límite das parroquias de Calheiros, Cepões, Barrio e Vilar de Monte. Na baixada atopámonos co Miradoiro da Vacariça, cunhas fantásticas vistas sobre o río Lima a seu paso por Ponte de Lima

Localización

Para unha das rutas, Percorrido da Mesa dos Quatro Abades:

Lugar da Vacariça, Ponte de Lima.

Coordenadas:

41.824910929546895, -8.532242978372176 HTML tutorial
Ver en Google Maps

Vilar do Monte

Coordenadas:

41.836205168466904, -8.548775961359576 HTML tutorial
Ver en Google Maps

Lendas / Historias vencelladas

Ecovias, rutas y Percursos Pedestres

Información de interese

Acceso libre ás rutas. Aínda que están ben sinalizadas, é moi recomendable preparalas, prevendo climatoloxía e levando calzado axeitado, auga e GPS. Toda a información está na web oficial do turismo de Ponte de Lima, coa información correspondente para descargar ou visualizar.

Bibliografía

Páxina oficial do turismo de Ponte de Lima. Dispoñible en: https://www.visitepontedelima.pt/pt/turismo/percurso-da-mesa-dos-quatro-abades/

Descarga

Galería

Scroll ao inicio