fbpx

Feira do Cavalo

Feira do Cavalo

Feira do Cavalo

Ponte  de  Lima  consolidouse  nos últimos anos como  un  “destino  ecuestre internacional”.  A  Feira  do  Cavalo  é  o  máximo expoñente das actividades asociadas ao mundo dos équidos. Os espectáculos de razas nacionais, as actividades deportivas e as competicións asociadas ás razas e o traballo con cabalos son o punto forte do evento. Ademais, cóntase con expositores de calidade, o que, en conxunto, teñen axudado a dinamizar a vila limiá.

A primeira edición remóntase a 2007, coa organización da Asociación Empresarial de Ponte de Lima, o municipio e a Escola Superior Equestre,do Vale do Lima tivo moito éxito. Dende aquela, fóronse asentando as bases dun certame que hoxe goza de grande prestixio, a un e outro lado do Lindoso: a feira de xullo compleméntase con xogos ecuestres, concursos de saltos, concurso-ensino, etc. En 2008, a festa foi premiada como un dos mellores eventos de animación turística de todo Portugal. Ao longo destes anos, foise consagrando a marca “Ponte de Lima Equestre”, sendo esta unha grande vía a nivel de difusión turística, deportiva e cultural, de promoción dos produtos limiaos por todas partes.

Dentro da organización das últimas edicións, colaborou tamén a comisión organizadora da Festa de Feiras Novas, entre outros axentes implicados.

Localización

Feira do Cavalo. Expolima.

Coordenadas:

41.77271196539583, -8.581798531715993 HTML tutorial
Ver en Google Maps

Lendas / Historias vencelladas

Feira do Cavalo

Información de interese

A festa non tivo lugar nin en 2020 nin en 2021 pola situación sanitaria derivada da pandemia de Covid-19. Para 2022, espérase retomala no mes de xullo (7 a 10). Será a edición nº 14.

 

Bibliografía

Cunha Mota, Mécia; Remoaldo, Paula Cristina; Ribeiro, J. Cadima CRIATIVIDADE: A CONSTRUÇÃO DE NOVOS CENÁRIOS PARA O TURISMO EM PONTE DE LIMA Revista Portuguesa de Estudos Regionais, núm. 29, enero-abril, 2012, pp. 59-70 Associação Portuguesa para o Desenvolvimento Regional Angra do Heroísmo, Portugal.

Feira do cavalo. Sitio web oficial. Dispoñible en: https://www.feiradocavalo.pt/

Descarga

Galería

Scroll ao inicio