fbpx

Feira Quincenal

Feira Quincenal

Feira Quincenal

As feiras son parte da tradición galaico-portuguesa, e forman parte das nosas vidas dende hai séculos, como espazo de intercambio comercial, social e cultural. D. Teresa, nai de D. Afonso Henriques, primeiro rei de Portugal, na carta outorgada a Ponte de Lima o 4 de marzo de 1125, xa menciona a existencia da feira quincenal, feito que a converte na primeira feira  documentada de Portugal.

O tempo non rematou con esta tradición e, cada dúas semanas, os luns, na marxe esquerda do río, necesariamente segue a celebrarse a feira máis antiga de Portugal. A compra nas rúas artificiais (Areal da Feira e Alameda São João) creadas entre as tendas da praia fluvial é unha experiencia única para aqueles que queren vivir un  pouco dos seus vellos hábitos medievais.

En total, máis de 300 postos de venda ambulante, onde é posible atopar calquera produto por estraño que pareza: dende cerámica, a traballos en pel, queixos, embutidos, pan, pasteis, zapatos, roupa… Se o día acompaña, é moi complicado atopar un sitio libre para estacionar ou comer, debido á masiva afluencia de xente.

Localización

Feira Quincenal

Coordenadas:

41.76740316967082, -8.586345289683988 HTML tutorial
Ver en Google Maps

Lendas / Historias vencelladas

Feira Quincenal

Información de interese

Acceso libre, postos ao lado do río.

Bibliografía

Ponte de Lima. Páxina oficial de turismo. Dispoñible en: https://www.visitepontedelima.pt/pt/turismo/feira-quinzenal-de-ponte-de-lima/

De Oliveira, A. (2010) Por Feiras e Romarias: Entre Douro e Minho a meados do século XVIII (Ponte do Lima/Arcos de Valdevez) Ed. ISMAI

Descarga

Galería

Scroll ao inicio