fbpx

Gil Eannes

Gil Eannes

Gil Eannes

O navio-hospital Gil Eannes, construído en Viana do Castelo, en 1955, apoiou, durante décadas, a frota bacallaeira que traballaba nos bancos de Terranova e Groenlandia. Rematado aquel tempo, o barco quedou atracado nos peiraos de Lisboa.

En 1998, un proxecto de reconversión e restauración financiado pola Fundação Gil Eannes e apoiado por boa parte da sociedade civil vianesa rescatouno, trouxoo para o Lima e transformouno, dende aquela, en espazo museolóxico, cultural e Centro de Mar, proporcionando aos seus visitantes unha experiencia imborrable.

A Fundación antedita ten unha fundamental labor divulgativa e de xestión, que permite seguir co proxecto en pé. Conta con servizo administrativo e financiero, de mantemento e seguridade, así como de marketing e promoción.

A estratéxica localización do Gil Eannes, en pleno peirao de Viana, co centro cultural e o Jardim da Marina á súa beira, e co centro histórico moi preto, fai que este barco sexa un símbolo e un reclamo para locais e visitantes.

 

Localización

Doca Comercial. Viana do Castelo.

Coordenadas:

41.69015803440929, -8.830299437293466 HTML tutorial
Ver en Google Maps

Lendas / Historias vencelladas

Gil Eannes

Información de interese

Aberto todos os días de 10h a 17h. Visitas guiadas, actividades educativas e museolóxicas previa reserva. Entrada individual 4’5€, familiar 10€ (2 adultos con ata catro nenos menores de 16 anos) Menores de 6 anos, gratis. Tenda (libros de pesca, historia, textiles e escrituras) e visita virtual.

Contacto: 00351 258 809 710 // geral@fundacaogileannes.pt. // Naviogileannes en redes sociais.

Bibliografía

Boa parte da bibliografia acerca da pesca e da tradición do bacallao, presente na tenda do navío.

De Carvalho, A. (2014) Navio Gil Eannes. Caderno Vianenses, 41, 2008, 93-103.

Mendes Dias, T. (2020, Público) Atracado a um passado épico, o navio Gil Eannes já recebeu um milhão de visitas. Consultado online e dispoñible en: <https://www.publico.pt/2020/01/05/local/noticia/atracado-passado-epico-navio-gil-eannes-ja-recebeu-milhao-visitas-1898993>

Siitio web oficial. Dispoñible en: www.fundacaogileannes.pt.

Descarga

Galería

Scroll ao inicio