fbpx

Igrexa de San Xés

Igrexa de San Xés

Iglesia de San Xés

Igrexa localizada na parroquia de San Xes de Vilariño no lugar da Canle, Concello de Lobeira. Trátase dun exemplar de dimensións considerables para o súa localización. De época barroca, constátase como ano da súa construción o 1781.

Conta cunha cabeceira impoñente con respecto a súa nave principal, ademais dunha gran torre de catro corpos. Na súa fachada principal (austera) podemos ver un escudo co anagrama mariano e nunha fornela por enriba del, a representación do patrón do templo: San Xes. Esta imaxe pétrea atópase rodeada de decoración tipicamente barroca (esaxerada e chamativa) a base de estípites, róleos e decoración vexetal.

No seu interior destaca o retablo maior, obra impoñente con dous corpos distribuídos en cinco rúas mediante columnas salomónicas e coroado cun ático. Toda ela constitúe unha boa mostra de arquitectura comarcal con paralelos a ambos lados da fronteira.

Localización

A Canle, 32850  Lobeira – Ourense

Coordenadas:

41.98669034057893, -8.058230521964528 HTML tutorial
Ver en Google Maps

Lendas / Historias vencelladas

Iglesia de San Xés

Información de interese

O acceso é libre. Para a visita ao interior da igrexa haberá que ter en conta o horario de oficios. Pode solicitarse información no teléfono 0034 988 434 666.

Pode obterse máis información:

– No sitio web da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês – Xurés (RBTGX): https://www.reservabiosferageresxures.eu/gl

– No sitio web das Portas do Xurés (Rede de Portas da parte galega da RBTGX): http://portasxures.es/index.php/gl/

Bibliografía

Descarga

Galería

Scroll ao inicio