fbpx

Lugar da Passagem en Geraz do Lima

Lugar da Passagem en Geraz do Lima

Lugar da Passagem en Geraz do Lima

O Lugar da Passagem, situado na zona de ribeira do rio Lima, é um núcleo rural que asegurou, durante séculos, a travesía de barco entre Moreira de Geraz do Lima e Lanheses, utilizada para o transporte de persoas e mercadorias. Na aldea histórica da Passagem destacan a Igrexa Parroquial, o Cruceiro da Prelada, o Marco da Passagem, o embarcadeiro  e a praia fluvial, exemplos todos eles dun valioso patrimonio cultural, arquitectónico e ambiental.

Xusto neste punto, cóntase tamén cun pequeno parque “de merendas”, de onde parte a PR20- Trilho das Terras de Geraz, con boas vistas para o Lima e acceso ás Veigas de São Simão e continuación pola Ecovía do Lima. Do outro lado está o embarcadeiro de Lanheses. Por todas partes pódese desfrutar co avistamento de aves, practicando sendeirismo, BTT ou simplemente facendo algunha actividade no río, por onde tradicionalmente se atravesaba e onde as barcas continúan a ser obxectos de culto.

O núcleo rural da Passagem é un nó de comunicacións entre camiñantes de Santiago, amantes do gastronómico, do románico ou sendeiristas pola ribeira do Lima. Aquí, a lamprea é a raíña, e marídase cos mellores viños verdes. Da artesanía local destacamos o liño bordado.

 

Localización

Passagem, Geraz do Lima.

Coordenadas:

41.723913832741964, -8.676027817515713 HTML tutorial
Ver en Google Maps

Lendas / Historias vencelladas

Lugar da Passagem en Geraz do Lima

Información de interese

Lugar da Passagem. Acceso libre, parking gratuito nas proximidades.

Bibliografía

Páxina web oficial do Concello de Viana do Castelo. Dispoñible en:: http://www.cm-viana-castelo.pt/

Descarga

Galería

Scroll ao inicio