fbpx

Maus de Salas, centro de actividades de montaña

Maus de Salas, centro de actividades de montaña

Maus de Salas

O que noutrora era unha singular aldea de montaña converteuse na actualidade nun dos centros deportivos máis importantes da Provincia de Ourense. Asentado no corazón do propio núcleo emerxe un centro de actividades deportivas que ofrece as súas instalacións a deportistas, clubes, federacións ou asociacións para que podan desenvolver as súas diferentes modalidades deportivas ao pé da montaña, actuando ademais como centro BTT.

Xusto nas portas da Reserva da Biosfera Trasnfronteiriza Gerês-Xurés (RBTGX), e coa raia portuguesa ao fondo, esta aldea de curioso topónimo (posiblemente derivado do latín “manus”, ou “mans mortas”, aqueles bens da Igrexa que estaban baixo a protección da monarquía no Antigo Réxime) acolle unha antiga necrópole na beira do encoro de Salas.

Maus de salas conta con varios puntos de interese. Un é a Igrexa parroquial de Santa Baia das Maus de Salas, con típica arquitectura relixiosa do rural galego. No seu interior, un singular retablo, con escultura en relevo que destaca sobre as demais (o Bo Pastor) Outro elemento salientable da aldea é o cruceiro. Pola súa banda, na entrada ao pobo localízase unha maqueta coas “mámoas do Val da Morte”. As vivendas de pedra, as fontes e os hórreos, alimentan a imaxe dunha aldea con moita historia.

 

Localización

Maus de Salas

Coordenadas:

41.936253723691614, -7.924795934991876 HTML tutorial
Ver en Google Maps

Lendas / Historias vencelladas

Maus de Salas

Información de interese

O acceso á aldea é posible en vehículo, aínda que recoméndase deixalo na entrada do núcleo. A información de rutas, reservas e actividades pode facerse no teléfono 0034 607 477 375.

Pode obterse máis información:

– No sitio web da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês – Xurés (RBTGX): https://www.reservabiosferageresxures.eu/gl

– No sitio web das Portas do Xurés (Rede de Portas da parte galega da RBTGX): http://portasxures.es/index.php/gl/

Bibliografía

Descarga

Galería

Scroll ao inicio