Miradoiro – Castelo de Canderrei
Miradoiro – Castelo de Canderrei
O Castelo de Canderrei é o mellor miradoiro para comprender a transición do val do Limia cara o Támega. Situado no denominado como “Monte do Castelo”, os investigadores falan da posibilidade de que este lugar contara no pasado cunha torre de vixilancia semellante ás dos municipios de Sandiás e Porqueira, entre outros.
Esta estratéxica situación fai tamén que outros historiadores especulen coa posibilidade de que no lugar existira xa antes un asentamento castrexo da Idade do Ferro. Malia a que estas propostas aínda non foran confirmadas son varias as citas escritas do lugar en época medieval. Sendo descrito como unha eventual fortaleza no século XI e nomeado en varias doazóns reais no século XIV.
Na actualidade o espazo conta cunha capela barroca, na honra á Virxe dos Remedios. A pouca distancia, máis abaixo do monte, sitúase a parroquia á que nomea: San Salvador de Viladerrei. Topónimo tamén que podería estar indicando a existencia dun asentamento propio da realeza medieval, sendo a vía de acceso natural á Limia dende Tras os Montes e Alto Douro.
Localización
Lendas / Historias vencelladas
Información de interese
Bo estado de conservación. A visita exterior é libre. Podendo chegarse en vehículo motorizado ata a capela.
Bibliografía
Calderón Medina, I. (2017) Reyes, nobles y frontera. Entre la violencia y el parentesco
en el espacio fronterizo galaico portugués (s. XII-XIII) Cuaderno de estudios gallegos,
vol. 64 (130), p.91-117.
Lixó Gomez, C. (2019) O xurdimento dos castelos na Galiza medieval (S. VIII-XIII) Tese
de doutoramento, USC, 2019. Santiago de Compostela.