Miradoiro de Bóveda. Área recreativa
Miradoiro de Bóveda. Área recreativa
Situado por enriba do núcleo de Bóveda, no Concello de Vilar de Barrio, encóntrase o mellor miradoiro para comprender as dimensións da extinta Lagoa da Antela. Dende unha área recreativa á que se accede facilmente en vehículo podemos divisar unha extensión de máis de vinte quilómetros á redonda. Coa serra de San Mamede ás nosas costas, a nacente do Río Limia en paralelo no Monte Talariño polo sur e as fermosas Veigas de Ponteliñares ao solpor.
Esta situación estratéxica entre os vales do Limia e Arnoia levou a diferentes investigadores a pescudar no inmediato “Monte do Castelo”. Un xacemento arqueolóxico único en Galicia que supera as 15 hectáreas de extensión e os 2000 anos de antigüidade.
Localización
Lendas / Historias vencelladas
Ao lado do miradoiro, no xacemento arqueolóxico, apareceron un conxunto de formacións ocas, que axiña se deron por chamar “os buratos dos mouros”. Múltiples versións sobre a cuestión mística, aínda que todas parecen coincidir en que por eles entrou unha galiña con 12 pitiños. Deles, 11 saíron cara diferentes lugares: a Torre de Sandiás, a cidade de Antioquía, Allariz, etc.
Información de interese
O acceso en vehículo é sinxelo dende o núcleo de Bóveda. Recoméndase visitar o miradoiro na derradeira hora do día e gozar dun dos mellores solpores da Limia.
Bibliografía
Calo Lourido, F. 2003. Catálogo, mit 2 textabibildungen, Farbtafel 1 und 4 sowie Tafel 1 – 50. Madrider Mitteilungen, 44: 6-32.
Conde-Valvís Fernández, F. 1949-1952. La Laguna Antela y sus Palafitos. Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense, XVII: 293-318.
Luján, E. R. 2009. Pueblos celtas y no celtas de la Galicia Antigua: fuentes literarias frente a fuentes epigráficas. En XXII Seminario de Lenguas y Epigrafía Antiguas: 219-250. Valencia: Real Acadèmia de Cultura Valenciana.
Maier Allende, J., Schattner, T. G. 2012. La primera estatua de guerrero galaico hallada en España Villar de Barrio (Orense). Boletín de la Real Academia de la Historia, 209 (3): 459-482.
Vázquez Pardo, E. 1924. El Mercurio de nuestro Museo. BCMOU, VII (157): 193-220. Ourense.