Miradoiro do Castelo de Celme
Miradoiro do Castelo de Celme

Erixido polo primeiro rei portugués Afonso Henriques, hoxe ofrece unha panorámica sen igual. Malia a que na actualidade tan só quedan algúns restos dos seus muros paga a pena gozar da súa privilexiada altura, enclave dende o que dominaba a totalidade do territorio circundante. Situándose ademais nun punto estratéxico entre os amplos horizontes da chaira limiá e o Val das Conchas.
Quizais estamos ante a fortaleza máis importante da contorna. Foi conquistada polo Duque de Lancaster, nunha das súas incursións. Na montaña, hai continuidade de poboación dende hai milenios, pois xusto na ladeira topamos co Castro de San Miguel, na actualidade e en proceso de investigación.
Localización
Lendas / Historias vencelladas
Cóntase que algunhas familias nobres da aldea de Congostro, aos pés do castelo, levantáronse contra o poder real utilizando as pedras do propio castelo nas súas construcións.

Información de interese
O acceso é libre por pista apta só para vehículos adaptados (4×4). Recoméndase acceder realizando algunhas das rutas de sendeirismo que acceden ao lugar. Para máis información recoméndase contactar no teléfono 0034 988 465 552.
Bibliografía
Ramírez, C. (20-5-2011, La Voz) Celme, enclave casi portugués. Consultado online e dispoñible en: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2011/05/20/celmeenclave-portugues/0003_201105SF20P12991.htm