fbpx

O Viso

O Viso

Iglesia de Nosa Señora do Viso

A capela da Nosa Señora do Viso está localizada no monte do Viso (Macizo da Serra do Leboreiro),  dende onde divisar boa parte da Baixa Limia. Atópase moi preto da fronteira portuguesa por Castro Leboreiro.

A ermida atópase a unha altura de 852m ocupando o outeiro no que a crenza popular di que existía un antigo poboado fortificado. Conserva restos do románico: un arco de medio punto e inscrición “ERA MCCCXL” alusiva probablemente á data de construción. Con todo, a referencia máis antiga conservada é do século XVII.

A súa situación fixo que ao longo da historia se disputase en xuízo por dúas veces. A primeira, no 1693 cando os párrocos de Sta. Comba de Bande e o de S. Vicente de Lobeira litigaron polos dereitos sobre o santuario. A resolución chegou dous anos despois, ditando que a ermida tiña que ser mixta entre Lobeira e Sta. Comba.

O segundo xuízo terá lugar a finais do S. XVIII. A fervente devoción á Virxe fixo nacer unha irmandade “Hermanos de Venerable y antiquísima cofraría de Nosa Señora do Viso”. Esta tiña un “mordomo” que era quen custodiaba as chaves da capela e se ocupaba do seu mantemento. Esta Irmandade quería celebrar unha procesión dende o lugar ata Sta. Cruz de Grou, pero o párroco de Lobeira negouse. Non se chegou ditar sentenza deste xuízo. Renunciando o cura de Sta. Comba aos seus dereitos, o de Lobeira impuxo a súa autoridade á Irmandade, provocando a súa desaparición.

A fachada que hoxe vemos é froito dunha remodelación na época barroca (1741) Deste tempo son tamén a porta e a fornela que acolle a imaxe da Virxe.

Conta con planta rectangular, ábsida con sancristía e capela anexada no século XVIII.

No seu interior podemos contemplar dous retablos dedicados á Virxe e ao Santo Cristo.  A imaxe da nosa Señora é das chamadas “de vestir”, non ten máis que as mans e a cara talladas. É de finais do século XIX.

Entorno ao santuario celébrase a romaría do “Viso Grande” (o domingo de Pentecostés) e do “Viso Pequeno” (o 8 de setembro).

Localización

Igrexa de Nosa Señora do Viso

Coordenadas:

41.97748, -8.02635 HTML tutorial
Ver en Google Maps

Lendas / Historias vencelladas

A campá máis pequena data de 1860 e nela pódese ler a inscrición “mírame y déixame”.

Iglesia de Nosa Señora do Viso

Información de interese

Pódese pasear arredor da igrexa, á que se chega facilmente en vehículo. O templo acostuma estar pechado fóra de días de culto.

Pode obterse máis información:

– No sitio web da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês – Xurés (RBTGX): https://www.reservabiosferageresxures.eu/gl

– No sitio web das Portas do Xurés (Rede de Portas da parte galega da RBTGX): http://portasxures.es/index.php/gl/

Bibliografía

Concello de lobeira. Consultado online e recuperado de: <www.lobeira.es>

Rede de Portas do Parque Natural BAIXA Limia-Serra do Xurés. Consultado online e recuperado de: <www.portasxures.es>

Descarga

Galería

Scroll ao inicio