fbpx

Padre Himalaya

Padre Himalaya

Padre Himalaya

Manuel António Gomes, veciño de Cendufe (Arcos de Valdevez) nado en 1868. Logo de rematar a escola primaria, ingresou no Seminario de Braga en 1882 aos 15 anos, formando parte do Colexio do Espírito Santo, un instituto creado para acoller estudantes pobres. Dedicado á vida clerical, avanzaría nos estudos superiores en París, convertíndose nun grande científico e visionario do século XIX. En 1904, recibiu premios en EEUU pola súa máquina de captación de enerxía solar (o “pielióforo”, presentado na Exposición Universal de St. Louis, era capaz de obter 3500 grados e de fundir todos os metais).

Na súa memoria veñen de nacer as “Oficinas de Creatividade Himalaya”, como promotoras da ciencia e do coñecemento, orientadas a campos de ecoloxía e eco-sostibilidade, hoxe tan de moda (enerxías renovables) e que o noso precursor protagonista xa investigou máis de 100 anos atrás. O espazo presenta o científico, a súa obra divulgativa e toda a serie de coñecementos expostos de maneira pedagóxico-interpretativa, de acordo tamén á evolución tecnolóxica actual (cunha proxección de imaxe e son 360º)

Pola súa banda, a vila do Vez rendeu homenaxe a Himalaya cunha escultura de bronce realizada por José Rodrigues en 2013. Dende hai uns anos, promóvese o seu recoñecemento a través da “Rota dos Gigantes”, que expón o seu legado polo Lima (cemiterio de Cendufe, escultura, casa das Artes, biblioteca e Oficina de Creatividade)

Localización

Oficinas da Criatividade Himalaya. Arcos de Valdevez.

Coordenadas:

41.84452486235981, -8.421062244798195 HTML tutorial
Ver en Google Maps

Escultura homenaxe ao Padre Himalaya, Arcos de Valdevez

Coordenadas:

41.82596525881653, -8.415610171168007 HTML tutorial
Ver en Google Maps

Lendas / Historias vencelladas

Padre Himalaya

Información de interese

Oficinas Himalaya. Rua Dr. Félix Alves Pereira, 1. Arcos de Valdevez.

Contacto: oficinashimalaya@cmav.pt. // 00351 258 247 326

Horario: luns a venres de 9.30 a 12.30 e de 14 a 18h. Sábados de 10 a 13h e de 14 a 18h. Domingos pechado

Bibliografía

O inventor de Arcos de Valdevez (4-12-2020, national geographic) Dispoñible en: https://nationalgeographic.pt/historia/grandes-reportagens/2566-o-inventor-de-arcos-de-valdevez

Descarga

Galería

Scroll ao inicio