fbpx

Parque Ecológico Urbano de Viana do Castelo

Parque Ecológico Urbano de Viana do Castelo

Parque Ecológico Urbano de Viana do Castelo

Situado na marxe dereita da ría que forma o río Lima preto da súa desembocadura, e en pleno corazón da cidade, o Parque Ecolóxico Urbano Viana do Castelo está situado na chaira inundable do río Lima, que resulta da deposición de sedimentos como grava, area e lodos. Este tipo de ambiente é crucial para a formación de certos  tipos de hábitats, permitindo a colonización de diferentes seres vivos. O parque foi inaugurado en 2008. Tras unha época en que só abría para visitas a grupos, pasou a estar recentemente aberto para o público en xeral.

O parque é alimentado cada día pola auga salobre proveniente da marea e tamén da auga doce da ribeira de S. Vicente, formando hábitats de transición, adaptados perfectamente ás variacións da salinidade. É un espazo preparado para actividades de recreo, de lecer, de educación ambiental e de conservación da natureza, integrado dentro do Centro de Monitorização e Interpretação Ambiental (CMIA, 2004) Dito centro comprende exposicións temáticas de carácter temporal: obradoiros de sensibilización, actividades de formación, culturais e recreativas, celebración de días temáticos, apoio na exploración dos xardíns comunitarios.

Xa no século XIX, esta área fora obxecto dunha intervención que prevía a instalación dun muiño de mareas (o primeiro da rexión) mediante un sistema hidráulico coñecido como as Azenhas de Dom Prior, en alusión á iniciativa de António de Araújo, prior da colexiata de Barcelos. Logo de dous séculos, o muiño consta de dous corpos rectangulares e catro arcos cara abaixo, cun interior en mal estado. Continúa, iso si, a operar pola forza motriz da auga.

Localización

Parque ecolóxico urbano, Viana do Castelo

Coordenadas:

41.697224929265126, -8.816377293621466 HTML tutorial
Ver en Google Maps

Lendas / Historias vencelladas

Parque Ecológico Urbano de Viana do Castelo

Información de interese

Bo estado, entendendo que se trata de medio aberto, exposto ás condicións atmosféricas.

Horarios do centro: de 21 de marzo a 20 de setembro, aberto de martes a domingo, de 8 a 20h. De 21 de setembro a 20 de marzo, aberto de martes a domingo, pero de 9 a 17h. Pecha os luns e días sinalados como 1 de xaneiro, domingo de Páscua, 1º de maio e día de Nadal. Entrada gratuíta.

 

Bibliografía

Costa de Castro Brito, L. (2007) Actividades educativas para a conservação da avifauna: um contributo para a educação ambiental no parque urbano de Viana do Castelo. Dissertações de Mestrado, U. Minho.

(S. f) Viana do Castelo abre Parque Ecológico Urbano ao público em Junho (público, 4-3-2021) Consultado online e recuperado de: https://www.publico.pt/2021/03/04/fugas/noticia/viana-castelo-abre-parque-ecologico-urbano-publico-junho-1953122

Descarga

Galería

Scroll ao inicio