Parque Verde de Lanheses
Parque Verde de Lanheses
Parque inaugurado en 2017, propiedade da Xunta de Freguesia de Lanheses. Conta con mesas, parking e grellas, polo que é un sitio ideal para facer picnic ou desfrutar de actividades deportivas, lúdicas ou de bos momentos de descanso xunto ao lado do Lima. Bos accesos e sombras, con paneis indicativos. Está localizado dentro dun ecosistema de transición entre o fluvial e o lacustre, con ampla biodiversidade en forma de flora e fauna (presenza de numerosas especies de árbores autóctonas)
Moi preto da área do parque está o embarcadeiro de Lanheses, ao que se chega seguindo a pista. Do outro lado do río, a zona de baño da Moreira (en Geraz do Lima) e a capela de São João. Como curiosidade, e en consonancia cos tempos, dispúxose dun bambán de madeira con respaldo e co nome de Lanheses por riba, para o caso de que alguén queira sacarse unha foto en canto se balancea.
Localización
Parque de Merendas-Parque Verde de Lanheses. A uns 17km do centro de Viana do Castelo e a medio camiño entre a capital do distrito e Ponte de Lima.
Coordenadas:
41.73016651563691, -8.675695942388646Ver en Google Maps
Lendas / Historias vencelladas
Información de interese
Teléfono de contacto: 00351 258 733 280.
Bibliografía
Sitio web oficial da Câmara Municipal de Viana do Castelo. Dispoñible en: http://www.cm-viana-castelo.pt/