Ponte de Lima, actividades de animación turística
Ponte de Lima, actividades de animación turística
Ponte de Lima goza dun notable abano á hora de realizar actividades no seu entorno, dende sendeirismo, equitación ou ciclismo, actividades acuáticas no río Lima, golf, ou tenis ata paseos a cabalo, en bicicleta, etc.
Estas actividades son proporcionadas por empresas locais que centran os seus produtos turísticos na aventura, o deporte ou os encontros sociais e culturais. De especial interese é o Clube Náutico, referencia en organizar competicións internacionais, unha das grandes marcas do deporte limiao (canoa, remo, kayak, baixada do río Limia, etc.) Para os máis atrevidos, existen equipamentos e empresas que ofrecen actividades “radicais”, cheas de adrenalina. Deste xeito, o Parque Radical é un equipamento multidisciplinar para satisfacer os amantes da bicicleta BMX, o skate ou os patíns.
Outro elemento a destacar neste campo é o Bike Park, situado na Serra d’Arga, con servizos de bici de montaña, enduro ou paseos turísticos. Na vila, e dentro do Parque Urbano, cóntase cunha pista de Pump Track, ou percorrido peraltado de habilidade, destinado a bicicletas sen pedais.
Ponte de Lima tamén conta con servizo de visitas guiadas, piscinas públicas e varias infraestruturas complementarias para favorecer o desfrute do turista, a seu paso polo Alto Minho.
Localización
Clube Náutico de Ponte de Lima.
Coordenadas:
41.76541455245238, -8.591768540572616Ver en Google Maps
Lendas / Historias vencelladas
Información de interese
Actividades de animación turística e deportiva, a concertar coas empresas. Todo o catálogo de posibilidades dispoñible na páxina web da cámara. Entradas a consultar prezos, dependendo das actividades.
Clube Náutico de Ponte de Lima. Caminho de São Gonçalo, Aberto de luns a venres de 7 a 21h, sábados de 9 a 12h. Domingos pechado. Contacto: 00351 258 944 899 e clubenautico.pt.
Bike Park. Serra d’Arga. Aberto todos os días de 9 a 19h. Contacto en: bikeparkpontedelima.com e 00351 916 231 611
Pump Track. Parque urbano de Ponte de Lima. Aberto ao público.
Bibliografía
Empresas e actividades de animación turística en Ponte de Lima. Dispoñible en: https://www.visitepontedelima.pt/pt/turismo/atividades-de-animacao-turistica/