Rede Museos e Centros de Interpretación de Ponte de Lima
Rede Museos e Centros de Interpretación de Ponte de Lima
A vila máis antiga de Portugal conserva as súas tradicións e exalta a súa historia e o potencial turístico do municipio a través dunha completa rede de museos composta polo:
Centro de Interpretação e Promoção do Vinho Verde. Unha referencia en canto a interpretación do enoturismo, colaboracións, iniciativas vencelladas ao mundo do viño, coa especialidade do famoso viño verde.
Museo dos Terceiros, de arte sacra, dedicado a pór en valor o patrimonio relixioso, a conservación e a súa divulgación. Referente en conferencias de carácter historicista.
Museo do Xoguete portugués, con toda unha serie de exposicións sobre xoguetes tradicionais, con espazo lúdico e pedagóxico.
Centro de Interpretação do Territorio. Espazo de promoción etnográfica de Ponte de Lima, con exposicións de artesanía rexional, talleres de elaboración, actividades de lendas e tradicións…
Centro de Interpretação da História. Militar, No “Paço do Marquês”, conta con recreacións e exposicións históricas, conmemoracións, etc., ligadas a aspectos militares.
Estação do Tempo do Romano. Xunto á ponte romana, este edificio convídanos a unha visita no tempo, no intento de recuperar a historia da época romana, o patrimonio e o legado, vivencias, tesouros… todo aliñado coas novas tecnoloxías.
Museu rural de Ponte de Lima. Inaugurado en 2001, está localizado no Parque Temático do Arnado, dotado de exposicións sobre saberes e artes tradicionais relativas ao liño, o viño, o millo e a cociña, así como unha exposición temporal de pintura.
Localización
Centro de Interpretação e Promoção do Vinho Verde.
Coordenadas:
41.7678585697148, -8.582778700593312Ver en Google Maps
Museo dos Terceiros, de arte sacra.
Coordenadas:
41.76490285811467, -8.58712468544391Ver en Google Maps
Centro de Interpretação do Territorio.
Coordenadas:
41.77118086769586, -8.588849404160532Ver en Google Maps
Centro de Interpretação da História. Militar.
Coordenadas:
41.76673879799208, -8.583245330872687Ver en Google Maps
Centro de Interpretação das Aldeias da Mesa dos 4 Abades.
Coordenadas:
41.837430, -8.548946Ver en Google Maps
Lendas / Historias vencelladas
Información de interese
Museu rural de Ponte de Lima. Largo da alegria. Visitas guiadas, exposición permanente e artesanía. Contacto: 00351 258 900 400 e geral@cm-pontedelima.pt.
Centro de Interpretação e Promoção do Vinho Verde. Fonte da Vila, 28. Pechado os luns. Aberto de martes a domingo, de 10.00h a 12.00h e de 14.00h a 17.00h. Contacto: 00351 258 900 426.
Museo dos Terceiros, arte sacra. Avenida 5 de outubro. Pechado os luns, aberto de martes a domingo, de 10.00h a 12.30h e de 14.00h a 17.30h. Contacto: 00351 258 240 220
Museo do Xoguete portugués, pechado os luns. Aberto de martes a domingo, de 10.00h a 12.00h e de 14.00h a 17.00h. Contacto: 00351 258 240 210
Centro de Interpretação do Territorio. Pechado os luns. Aberto de martes a domingo, de 10.00h a 12.00h e de 14.00h a 17.00h. Contacto: 00351 258 240 215.
Centro de Interpretação da História Militar. Paço do Marquês. Pechado os luns. Aberto de martes a domingo, de 10.00h a 12.00h e de 14.00h a 17.00h. Contacto: 00351 258 240 211
Estação do Tempo do Romano. Casa do Arnado, Largo da Alegria. Contacto: 00351 258 900 400 e etromanos@cm-pontedelima.pt. Pechado os luns, aberto de 10.00h a 12.30h e de 14.00h a 18.00h, de martes a domingo.
Bibliografía
Museos de Ponte de Lima. Sitio web oficial. Dispoñible en: https://www.museuspontedelima.com/
Centro de Interpretação do Vinho verde. Sitio web oficial. Dispoñible en: https://www.cipvv.pt/pt/